O burgués fidalgo de Teatro do Morcego

Feira Galega das Artes Escénicas 2007 - Montaxes

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Monsieur Jourdain é un rico e zafio comerciante que, nas súas aspiracións por mesturarse coa clase social superior, cae baixo o engano dun aristócrata sen escrúpulos que busca limparlle todo o seu diñeiro. A xuizo de moitos, O burgués xentilhome ou O burgués fidalgo é a obra máis divertida de Molière, na que xunta con mestría as situacións xocosas e a sátira mordaz dun novo rico desquiciado por aparentar o que non é. Un tema, como se entenderá, moi actual. Esta proposta achégase ao orixinal pero cunha visión máis contemporánea sobre o escenario, con actores e músicos que recuperan a partitura orixinal de Lully.


Máis información no web do IGAEM

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Teatro, Teatro do Morcego, Artes Escénicas...