O Robin Hood de Produccións Acontrabutaca

Feira Galega das Artes Escénicas 2007 - Montaxes

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Despois de cinco anos nas Cruzadas, Robin volve á súa vila natal con idea de atopar un merecido descanso. Aos poucos de chegar, descobre con sorpresa que o malvado Príncipe Xoán está a explotar á vila de Nottingham con abafantes impostos. Ante a ausenza do seu irmán Ricardo, monarca titular da Coroa, o Príncipe maquina planos para facerse co trono; planos que demandan, entre outras esixencias, concertar a voda coa súa curmá lady Marian. A aparición de Robin, unida á colaboración de Trasno e Little John fará que as cousas se precipiten de forma ben distinta a como poderían ter sido se un heroe non pasara por alí camiño dalgures.


Máis información no web do IGAEM

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Artes Escénicas, Montaxes, Feira Galega das Artes Escénicas...