Miguelanxo Prado toma Angoulême como modelo para o Museo de BD da Coruña

Cimentando o museo

29/8/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O proxecto do Museo do Cómic na Coruña, que o rexedor Xavier Losada anunciara na última campaña electoral, semella ir collendo forma. Segundo publicaba onte “La Voz de Galicia”, Miguelanxo Prado xa lle comunicou a proposta ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, no transcurso do último festival Viñetas desde o Atlántico. No mesmo artigo, Prado recoñece que a referencia para o centro, que se constituirá “a medio prazo” é o museo de Angoulême, “que tamén comezou facendo un festival”.

Máis información en La Voz de Galicia e en El Ideal Gallego

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, A Coruña, Angoulême, La Voz de Galicia...