A Real Academia Española elixe novos académicos con Darío Villanueva como candidato

D-RAE

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Francisco Ayala, Guillermo Rojo e Luis Goytisolo son os principais valedores que terá Darío Villanueva esta tarde. Será cando a Real Academia Española decida quen ocupa a praza deixada por Alonso Zamora Vicente. O ex reitor da Universidade de Santiago e crítico literario, Darío Villanueva compite coa filóloga María Ángeles Álvarez, que conta co apoio de Gregorio Salvador, Margarita Salas e Álvaro Pombo. O sistema de votación da RAE esixe o apoio de dous terzos do total na primeira votación, de dous terzos dos asistentes na segunda e a metade máis un dos presentes na terceira.

Máis información en La Voz de Galicia e no web da RAE

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Darío Villanueva, La Voz de Galicia, Zamora

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares