O Consello da Cultura e a Secretaría Xeral de Comunicación asinan un convenio para estudar os primeiros diarios de Galicia

Santiago e Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
“É un convenio que busca as raíces e a orixe da comunicación moderna para coñecer a historia dos nosos medios no século XIX” aseguraba Fernando Salgado, Secretario Xeral de Comunicación despois de asinar xunto con Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega un acordo para estudar o “Diario de Santiago” e o “Diario de Coruña”. O CCG, a través da Sección e o Arquivo de Comunicación, encargarase da realización dun estudo técnico e dunha edición facsimilar para o que a Secretaría Xeral de Comunicación destinará 20.000 euros. O estudo estará rematado a finais do 2007.

Máis información no web do Consello da Cultura Galega

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Ramón Villares

Claves

Protagonistas