A Xunta prepara un programa para consolidar a carreira de investigador

A outra carreira

Investigar non será sinónimo de precariedade. Esta é a meta que pretende acadar a Xunta nos vindeiros anos. Para conseguilo, o director xeral de I+D+i, Salustiano Mato, anunciou que a Xunta investirá preto de trinta millóns de euros en cincocentos novos contratos que se convocarán ata final de ano. Aos programas “Ramón e Cajal” e “Parga Pondal” únenselle agora o “María Barbeito” para doutorandos e o “Ánxeles Alvariño” para doutores.

Máis información no web da Dirección Xeral de I+D