O Goberno envía ao Congreso unha Lei do Cine que ten unha acollida desigual polo sector

Cine, por lei

4/6/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Aplaudida pola Unión de Televisiones Comerciales Asociadas (UTECA) e criticada pola Federación de Cines de España (Fece), o proxecto da Lei do Cine chega ao Congreso por vía de urxencia. O Goberno aprobou o texto que incorpora novidades como os incentivos fiscais para atraer a coprodutores financeiros, a definición de produtor independente (desvencellado de operadores televisivos), unha nova medición da “cota de pantalla” por sesións e non días e a conversión do ICAA nunha Axencia Estatal.

Máis información no web do Ministerio de Cultura e na prensa en La Voz de Galicia , El País e El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, ICAA, El País, El Correo Gallego...