A Coruña acolle o primeiro seminario presencial do laboratorio Guionlab

Terceira entrega: a selección

29/5/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Durante tres días, Daniel Díaz, Álvaro del Amo e Daniel Domínguez analizarán e estudarán os traballos seleccionados do laboratorio Guionlab. Unha nova etapa do laboratorio do Clúster Audiovisual Galego na que pretenderán converter os doce proxectos seleccionados en guións de longametraxes. Despois destas clases prácticas, os doce alumnos seguirán recibindo titorías a distancia ata o mediados de setembro, onde se reunirán en Santiago para un segundo seminario presencial.

Máis información no web do Clúster Audiovisual Galego e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Clúster Audiovisual Galego, A Coruña, Culturagalega