Noticias
Cultura crea un festival para achegar a música de cámara con concertos e conferencias
Xénero:
| 3 / 5 / 2007“Cameralia” é o nome dun evento internacional dedicado á música de cámara que poñen en marcha a Consellaría de Cultura e o IGAEM coa colaboración do Consorcio de Santiago. Un proxecto que pretende dar a coñecer a música de cámara no noso país e que ten dúas partes ben diferenciadas. Dunha banda un apartado expositivo que leva a etiqueta de festival e que ofrecerá concertos de formacións de primeiro nivel en oito localidades. Da outra, un aspecto formativo con cursos, clases maxistrais e conferencias.
Máis información no web do proxecto e na prensa en El Correo Gallego e en Galicia Hoxe
Os alumnos dos conservatorios galegos reúnense no I Encontro de Bandas Sinfónicas
Xénero:
| 2 / 5 / 2007Tres concertos na Coruña, Santiago e Pontevedra darán a coñecer ao público o traballo do alumnado dos Conservatorios de Música de Galicia. Os estudantes destes centros que dependen da Consellaría de Educación reúnense entre o hoxe e o venres nun evento que quere servir de punto de encontro para as experiencias destes centros de formación.
Máis información no web da Xunta
O selo discográfico galego Falcatruada avanza cara á súa internacionalización grazas ás novas posibilidades de internet
Xénero:
| 2 / 5 / 2007“Crear unha empresa dedicada á produción de discos, en plena reconversión do sector, é un suicidio total. Por iso é un milagre que hoxe exista Falcatruada”. Así define Sergio Lago Varela a existencia de Falcatruada, empresa da que é socio e cofundador xunto a Lucía Rolle Boado e Óscar Donsión Martínez. Falcatruada constitúe hoxe unha sólida estrutura empresarial de apoio á música en Galicia. E máis ca no milagre, as claves do éxito radican na constante diversificación e readaptación a un mercado cambiante e, sobre todo, no eficaz aproveitamento das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías.
O festival Interfolk de Lugo contará coa presenza de figuras coma Alan Stivell ou José Mercé
Xénero:
| 27 / 4 / 2007Será entre os días dez e trece de maio na Praza de Santa María de Lugo, con entrada de balde. O IV Festival Interfolk chega á cidade da Muralla achegando figuras de primeira liña. O bretón Alan Stivell, José Mercé, Rosa Cedrón e María del Mar Bonet, completan un cartel que amosa unha consolidación deste evento.
Máis información no web do Concello de Lugo
Con "Revolution Dance" GalegoZ apostan pola música disco
Xénero: AUDIO
| 26 / 4 / 2007 +O sub-selo VIR, no que a discográfica Ouvirmos comparte a produción de discos con grupos que apostan pola autoedición, recibe a segunda entrada no catálogo co novo disco de Galegoz. A banda de Marcos Otero Payno, Pulpiño Viascón, Denis López “Mutante” e Roberto Alhambra “Bayo” e compaña presenta “Revolution Dance”, un traballo cun son compacto, maiores influencias disco e dos 70, letras máis irónicas e novas proclamas disco-revolucionarias. O anterior traballo do grupo “Galician Chimpanzee” tamén foi editado a través da fórmula discográfica de VIR con Ouvirmos. Ademais a discográfica vén de anunciar a súa entrada na asociación Promomusicae que de compañías independentes e filiais de multinacionais, coa que accede a RitmoNet, a Rede Interactiva de Transmisión de Música On-line, un sistema de distribución dixital de contidos promocionais para medios de comunicación.
Máis información en Ouvirmos
Pontevedra acolle desde o vindeiro luns a segunda edición do Festival Galego do Cabaré
Xénero:
| 25 / 4 / 2007A posición estratéxica de Pontevedra entre Vigo, Ourense e Santiago converteuna na segunda recalada do Festival Galego do Cabaré. Un proxecto dedicado a este xénero escénico que inclúe obradoiros formativos, circuítos de actuacións e espectáculos. O festival desenvolverase desde o vindeiro luns ata o 11 de maio.
Máis información sobre a segunda edición en Galicia Hoxe e sobre a primeira edición no noso tema
A busca da canción galega do verán está aberta un ano máis na rede
Xénero:
| 24 / 4 / 2007O portal Vieiros e a Radio Galega buscan un ano máis a canción galega do verán cunha nova edición de A Polo Ghit. O concurso xa está en marcha despois da boa experiencia do ano pasado cando 38 cancións participaron na primeira edición das que o xurado escolleu como gañadora "In the Ocean", de Pulpiño Viascón. O prazo para enviar as cancións estará aberto ata o 21 de xuño e, como na primeira edición, as pezas que se envíen serán emitidas no programa Extrarradio así como noutros programas da Radio e Televisión de Galicia. Un novo xurado reunirase para decidir a canción gañadora o 11 de agosto. Máis información en Vieiros
Juan Rivas enche o seu cuarto disco con colaboracións estelares dalgúns dos seus ídolos musicais
Xénero: VIDEO
| 24 / 4 / 2007 +Coa produción independente de Pablo Iglesias ven de saír á rúa o cuarto disco do vigués Juan Rivas “Mundo Feliz” (Pop & Co). Cos Donatore di Groove como apoio musical Rivas reúne neste traballo unha ducia de cancións no seu estilo de pop tropical con reminiscencias dos anos 60. Pese ao limitado do orzamento de produción do álbum o disco conta con colaboracións importantes de outros artistas como Germán Coppini, Mastretta, Massiel e mesmo o brasileiro Eumir Deodato nos arranxos musicais do tema “El amor que me das”. Esta mesma semana Rivas inicia a súa xira de presentación deste “Mundo feliz” en Vigo e ten datas pechadas tamén na Coruña, Santiago e Ourense ademais de outros moitos lugares fóra da comunidade.
Máis información en La Voz de Galicia
O grupo gañador do certame folk de Radio Obradoiro presenta o seu primeiro disco
Xénero:
| 23 / 4 / 2007O grupo folk Arrás!, gañador da sexta edición do certame para grupos folk de Radio Obradoiro, presentou o seu disco “Asumindo riscos”. O disco, gravado nos estudios Phonos da Estrada presentouse este sábado 21 de abril no Teatro Principal de Santiago. O grupo Arrás, que naceu no ano 2005, está formado por Rocío Jiménez, Pablo Gómez, David Bellas, Michel Rivadulla, Manu Abraldes e Jimmy Faílde. Segundo indicaron os seus integrantes, o seu estilo procura romper co folk tradicional.
Máis información en Compostela Cultura
Dezasete agrupacións musicais da Coruña editan cadanseu disco da man da Deputación e mais da Fundación Paideia
Xénero:
| 23 / 4 / 2007Unha gala no teatro Colón serviu para presentar os 17 novos CDs que publicaron outros tantos grupos da provincia da Coruña ao abeiro do programa Outro+Outro. Esta proposta, coordinada pola fundación Paideia e a Deputación da Coruña, permitiu a gravación e edición de dezasete discos, con tiraxes de mil exemplares cada un nos máis variados estilos.
Máis información no web da Deputación da Coruña