Noticias
Xosé Manuel Budiño faise co Premio Opinión polo seu traballo “Home”
Xénero: VIDEO
| 4 / 2 / 2008 +O VII Premio Opinión, que recoñece o mellor disco folk galego, foi para Xosé Manuel Budiño por “Home”. Deste xeito, convértese no primeiro artista que repite como gañador do mellor álbum do ano, xa que recibiu o galardón en 2004 por “Zume de terra”. Budiño acadou a máxima puntuación, seguido por “Entre trastes” e “Fía na roca”.
Contempopránea homenaxeará a Golpes Bajos
Xénero:
| 1 / 2 / 2008O festival da escena indie Contempopránea, en Badajoz, dedicará a súa decimo terceira edición, a homaxear ao desaparecido grupo vigués Golpes Bajos, paradigma da época dourada do pop nos anos 80. A organización pedirá a todos os grupos e artistas participantes a realización dunha versión dalgunha das cancións do grupo galego. As murallas do castelo de Alburquerque acollerán este festival entre o 25 e o 26 de xullo. Está prevista tamén a actuación de Germán Coppini e Maga repasando o seu propio repertorio con Golpes Bajos. Tamén actuarán Deluxe, Sidonie e Facto delafé y las Flores Azules entre outros.
Unha formación lucense fixo a primeira gravación do himno galego
Xénero:
| 1 / 2 / 2008O 20 de decembro de 1907 tiña lugar no Gran Teatro de La Habana a primeira interpretación pública e solemne do Himno galego. Pero a primeira gravación desa partitura tivo lugar moito despois, en 1918. Así o afirma a casa discográfica Ouvirmos, que asegura que foi o coro “Cantigas e Aturuxos” de Lugo quen fixo o primeiro rexistro e non “Cantigas da terra” da Coruña, considerada ata o de agora como pioneira.
As discográficas galegas voltan do Midem con acordos comerciais
Xénero:
| 1 / 2 / 2008Zouma Récords, a Fábrica de Chocolate e Falcatruada voltaron con acordos do Mercado Internacional do Disco e da Edición Musical (Midem) que pechou onte en Cannes. Deste xeito, Zouma conseguiu un distribuidor do seu catálogo para Francia e acordou traballos de xestión e dirección neste mesmo país e no Reino Unido. Pola súa banda, La fábrica de Chocolate sentou as bases dunha estrutura ibérica e latinoamericana para a promoción dos seus artistas e a distribución do seu catálogo. Finalmente, Falcatruada realizou contactos para a distribución dixital do seu repertorio. En xeral, os participantes amosáronse contentos dos resultados que obtiveron neste encontro.
Sinsal repite a súa programación no Salón Teatro achegando a música máis vangardista
Xénero: VIDEO
| 30 / 1 / 2008 +As propostas menos coñecidas, pero máis arriscadas e innovadoras do panorama musical volven ter cabida no Salón Teatro de Santiago. É grazas á colaboración que este espazo xestionado polo Centro Dramático Galego e o colectivo Sinsal desenvolven co nome “Extensión Salón Teatro”. Matt Valentine & Erike Elder with The Golden Road e os galegos Igloo (31 de xaneiro), Michael Gira e (r) (23 de febreiro) e Baby Dee e O Fillo Pausado (8 de marzo) compoñen o cartel desta edición.
A Fundación Barrié presenta a edición crítica do “Cancioneiro musical de Galicia”
Xénero:
| 30 / 1 / 2008“O cancioneiro musical de Galicia”, de Casto Sampedro, unhas das principais escolmas que sobre a nosa música tradicional se fixo no século XX, xa ten edición crítica. A Fundación Barrié acaba de publicar unha revisión deste importante volume dentro do seu proxecto “Cancioneiros”, no que está a recuperar distintas obras deste tipo. A nova obra recolle máis 500 composicións populares coas súas correspondentes partituras.
O Concello de Lalín busca un novo equipo para as clases do conservatorio folk
Xénero:
| 30 / 1 / 2008O actual proxecto do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín remata. O Padroado de Cultura deste concello acordaba onte rexeitar a última oferta que o actual equipo docente, dirixido por Ugia Pedreira, lle realizara. O padroado considera que as condicións económicas presentadas non son asumibles e comezará a contratación de novos profesores para garantir o ensino de música tradicional na vila, nun novo conservatorio que dependerá directamente deste organismo.
O Parlamento desprázase a Ourense para un recital musical
Xénero:
| 29 / 1 / 2008O Parlamento de Galicia organiza un ciclo musical titulado "Convivir, convivencias" que se organizará nas principais cidades e que se inicia mañá, mércores, no Teatro Principal de Ourense, cun concerto da soprano Laura Alonso. O ciclo está organizado por Cristina Pato. Todos os diputados desprazaranse ata Ourense para asistir ao recital.
Máis información en La Voz de Galicia
Nace en Ourense a Federación Galega de Folclore
Xénero:
| 28 / 1 / 2008Doce grupos de todo o país botaron a andar sábado en Ourense a Federación Galega de Folclore. Este colectivo, que tivo a súa xuntanza fundacional no Edificio Simeón da Cidade das Burgas, quere “ser un punto de unión das distintas formas de ver o folclore” e agarda programar tres asembleas anuais. José Antonio Viñas, da agrupación Queixumes dos Pinos foi elixido presidente neste primeiro encontro.
Máis información en La Región
Un certame na rede permitiralle a un grupo galego gravar disco
Xénero:
| 25 / 1 / 2008Unha coñecida marca de whisky, acaba de pór a andar o certame 100 Pipers Music con Noel Feáns, Nonito Pereira e Julián Hernández como xurado. No web deste evento, os internautas poderán votar as maquetas que prefiran. Os doce grupos máis votados actuarán en directo e deles escolleranse catro máis dos que sairá o gañador, que poderá gravar un disco como premio.
Máis información no web do certame, outro certame semellante, Coruña Son nos nosos arquivos