Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Jazz/Blues
Música Jazz/Blues
Ribadeo acolle o seu primeiro festival de jazz
Xénero:
| 31 / 10 / 2012O jazz chega a Ribadeo este sábado 3 de novembro. O cine teatro da vila acolle a I edición do estival Internacional de Jazz e Blues cun cartel no que están Marosa Jazz Project, Julia Guravich & Víctor Aneiros Blues Band e mais Antonio Serrano e Federico Lechner. Ao tempo, vanse confirmando nomes para o vindeiro Festival Internacional de Jazz de Lugo, que chega á súa edición XXII na semana de entre o 12 e o 17 deste mes. O saxofonista Bill Evans compartirá cartel co trompetista Wallace Roney nesta cita, para a que faltan aínda por confirmar outros nomes.
A OSG e o concello coruñes programan jazz nun novo ciclo
Xénero:
| 8 / 10 / 2012O trompetista Ambrose Akinmusire (31 de outubro, Ágora), coñecido por ser un virtuoso con velocidade e fluidez, habilidade para xerar novos tipos de formas será o encargado de abril Jazzatlantica. Trátase dun programa no que a Orquestra Sinfónica de Galicia e o concello da Coruña pretenden achegar o mellor do jazz con nomes de primeiro nivel. Canda o trompetista de orixe nixeriana, destacan Kurt Elling, Paquito D´Rivera, Crhistian Scott, Abe Rábade Trío e China Moses. A programación compleméntase cun ciclo de concertos, jam sessions e Big Band a cargo de grupos locais.
Chévere inicia co Jazz unha programación de monográficos
Xénero:
| 25 / 9 / 2012O grupo de teatro Chévere, compañía residente no Concello de Teo, acaba de iniciar unha programación de monográficos que se centrarán sucesivamente en diferentes disciplinas artísticas. O primeiro deles, dedicado ao Jazz, terá lugar o vindeiro 30 de setembro, cunha xornada na que se poderá asistir a concertos, proxeccións, jams e faladoiros. Ademáis, celebraraseun xantar e haberá un mercadiño de discos e libros dedicados ao jazz. Xacobe Martínez Antelo Quinteto, Sumrrá, Ton Risco Quinteto e Factor-E-Reset comporán a parte musical da iniciativa.
O Festival de Jazz e Blues de Pontevedra conmemora dúas décadas
Xénero:
| 17 / 7 / 2012De ser unha cita local e minoritaria a se transformar nunha cita imprescindible para os amantes do xénero. Desde o seu nacemento en 1993, o Festival de Jazz e Blues de Pontevedra viviu unha longa evolución, e para conmemorar os seus vinte anos de existencia fai un repaso desta traxectoria cunha publicación especial. Os artistas que visitaron a cidade do Lérez e os fitos na evolución do evento están marcados nunha publicación que se pode consultar en liña.
Pontejazz celebra os seus 20 anos con Sharrie Williams e Keb' Mo'
Xénero:
| 19 / 6 / 2012O orzamento deste ano no Pontejazz, o festival de jazz e blues de Pontevedra, foi 15.000 euros máis reducido que o do anterior, sumando un total de 118.000 euros, pero segundo os organizadores, "a calidade non diminuíu". Así llo asegurou ao Diario de Pontevedra a concelleira de Festas da cidade, Carme da Silva. Segundo o coordinador do Festival, José Antonio Ortiz, "a oferta é excepcional". E así conmemóranse 20 anos de Pontejazz. No festival participarán Joshua Redman, Sharrie Williams e Keb' Mo'e grupos como Ninety Miles.
O Imaxina Sons volta a Vigo
Xénero:
| 13 / 6 / 2012A cantante portuguesa Luísa Sobral abre a VIII edición do festival de Jazz Imaxina Sons, que finalmente volta a Vigo este ano logo das dúbidas sobre a súa continuidade. O evento celebrarase entre os días 21 e 30 de xuño, e canda a Sobral, contará coa presenza de Orquestra Voland, proxecto músicoliterario de Roberto Somoza e Quinito Mourelle,o pianista Joachim Kühn, o cellista Daniel Levin, Dhafer Youssef co seu cuarteto, Iago Fernández ou Suelen Estar Quartet. Nani García corre coa dirección do proxecto, que se centra en amosar as correntes do jazz europeo.
Nani García Trío presenta Renaissance
Xénero:
| 12 / 6 / 2012Nani García volta ao jazz. Logo dunha longa temporada como compositor, presenta Renaissance, como Nani García Trío. Miguel Cabana á batería e Simón García no contrabaixo completan esta formación. Un total de oito temas compostos por García supoñen o debut discográfico do conxunto da man de Xingra, unha obra que "retende ser unha reflexión en clave positiva da importancia de reinventarse día a día". O Teatro Rosalía de Castro acolle o vindeiro 16 de xullo o concerto de presentación do álbum. A xira continuará despois do verán por todo o país.
Friktone presenta CusCus
Xénero:
| 22 / 5 / 2012Fito Ares á frauta e ao saxofón, Fernando Lamas na batería e mais o finlandés Risto Vuolanne no contrabaixo forman, desde hai xa catro anos Friktone. Logo dunha importante traxectoria nos escenarios, o conxunto presenta agora Cus Cus, un disco que amosa en seis temas a capacidade de improvisación deste trío no que se mesturan sons do Free Jazz e da música contemporánea. Gravado ao vivo no Pazo da Ópera da Coruña, o proxecto está editado pola discográfica albaceteña Clamshell Records.
Preséntase a primeira promoción de titulados de Jazz
Xénero:
| 8 / 5 / 2012O Jazz está de actualidade. Logo da celebración, o pasado día 30 do día internacional dedicado a este xénero musical, o vindeiro mércores ás 13 horas, o Conservatorio Superior de Música da Coruña presentará a primeira promoción de titulados de jazz de Galicia. No acto presentarse o DVD do espectáculo Galitalia Jazz Meeting na que paraticipou a big band do conservatorio, dirixida por Kin García, e actuará esta formación.
Azos Jazz continúa a súa andaina
Xénero:
| 7 / 5 / 2012Malia a que a desaparición de Falcatruada, a casa que o viu nacer, facía pensar no final da actividade, Azos Jazz dá mostras da súa vitalidade lanzando dúas novidades. O selo que conta coa dirección artística de Abe Rábade retorna logo de dous anos con Experianza, de Alberto Vilas Quinteto e mais Bill Goodwin Quartet Live in Santiago.
REPORTAXE
Unha escola de improvisación
Data.O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra tira o seu cuarto disco e consolídase como centro de formación neste estilo musical