Ti estás aquí > Inicio / música en galego
Música en galego
Musgafol reivindica a música académica para gaita
Xénero: AUDIO
| 2 / 12 / 2009 +O Teatro Principal de Pontevedra acolleo vindeiro 12 de decembro a segunda edición de Musgafol, o encontro de música académica galega para gaita de fol. A iniciativa reúne diferentes gaiteiros do país, coma Pedro Álvarez, Óscar Ibáñez ou Pedro Lamas, coa Banda de Música de Pontevedra para nunha edición dedicada ao repertorio para banda sinfónica e gaita. O proxecto dábase a coñecer onte en Pontevedra, onde tamén se presentou o disco en directo que recolle as pezas que se interpretaron na edición do pasado ano.
Descarga ao vivo chega en formato CD-DVD
Xénero: VIDEO + IMAXES
| 1 / 12 / 2009 +Aqueles que non puideron ver ao vivo este verán o proxecto de música galega e cubana Descarga ao vivo teñen a oportunidade de coñecer esta iniciativa en formato CD-DVD. O disco, editado por Falcatruada, recolle as actuacións en directo que se puideron ver no noso vai estar tamén dispoñible na rede mediante Spotify e iTunes. A presentación compleméntase coa jam session que se celebrará esta noite a partir das 22 no pub compostelán Dado-Dadá a cargo do trío cubano de Alejandro Vargas, máis convidados.
Cantándolle ás estrelas
Xénero:
| 26 / 11 / 2009Este é o Ano Internacional da Astronomía. Unha efeméride que o Consello Superior de Investigacións Científicas en Galicia (CSIC) e a Universidade de Vigo, xunto con outras entidades, non quixeron que pasara desapercibido entre os máis pequenos. Nesa obxectivo, acaban de presentar o proxecto doble Contos e coplas de estrelas. Dunha banda, a tradución ao galego do libro de Rosa María Ros que complia 14 contos de todo o mundo nos que as estrelas son as protagonistas (cada relato acompáñase dunha sinxela explicación científica). Da outar, un Coplas de Estrelas, un CD que recolle 10 coplas tradicionais galegas que fan referencia aos astros, as estrelas e o cosmos. Este último traballo inclúe un libreto coas letras das coplas e explicacións científicas sobre os temas das cancións.
A formación sinfónica Vigo 430 presenta o seu primeiro disco
Xénero:
| 10 / 11 / 2009A Orquestra Vigo 430 edita o seu primeiro traballo discográfico con Vir, o selo de Ouvirmos dedicado a coproducir a novos creadores galegos. Creada no ano 2005 como "Ensemble Vigo 430", coa premisa de formar un núcleo de corda de calidade para xa a partir do 2008 abordar progresivamente o repertorio sinfónico. A Orquestra está formada na súa maioría por músicos profesionais baixo a dirección de Alejandro Garrido. Neste álbum de nome homónimo á formación a orquestra interpreta composicións de Johann Sebastian Bach, Antonio Vivaldi ou Dimitri Shostakovich, destacando especialmente a execución das pezas “Suite Negra Sombra” de Rosa Gayoso e “Concierto en estilo antigo” de Manuel Quiroga. Os seus programas de concerto reúnen música de diferentes épocas, autores e estilos, destacando o seu achegamento á música do século XVIII e XIX con criterios historicamente informados. Desta forma, a Orquestra adopta unha formación sinfónica, ou de cámara (un número máis reducido de instrumentistas que inclúe o Clavecín e a Tiorba para adecuarse mellor á interpretación da música barroca) . A orquestra atópase preparando xa o seu seguinte CD con obras de Haydn, Mozart e o compositor galego Andrés Gaos.
Quiosco: Galizaelectronica.com
Xénero:
| 9 / 11 / 2009O web Galizaelectronica.com, un referente da música electrónica no noso país, acaba de dar o salto ao papel co primeiro número da revista homónima. A publicación, de 16 páxinas, tamaño folio e a toda cor, distribúese pola catro provincias galega e o Norte de Portugal, e achega novas, contidos de axenda, unha entrevista con Cora Novoa e outra con Subsótano entre outros contidos, todos eles integramente en galego.
Brasil é o país convidado no VI Encontro de Pandeiros de Mao
Xénero:
| 9 / 11 / 2009A Central Folque e mais o Concello de Pontevedra teñen aberto o prazo de inscrición para a VI Edición do DUF Encontro Internacional de Pandeiros de Mao. O evento, que ten este ano o Brasil como país convidado, inclúe cursos de construción e interpretación destes instrumentos, conferencias, actividades para nenos e actuacións musicais. Entre outros, está prevista a presenza de Carlos Núñez, que falará sobre a súa experiencia brasileira, o intérprete brasileiro Marcos Suzano e conxuntos coma Bloquinho da Salgueira.
Pablo Devigo faise co premio Constantino Bellón
Xénero:
| 9 / 11 / 2009Por segundo ano consecutivo, o intéprete Pablo de Vigo, de Castro Caldelas, fíxose co premio Constantino Bellón de Gaita, que celebrou esta fin de semana a súa XIX Edición. Devigo presentou as obras Preludio número un ou Xiana e Xota número dous ou Carral 1846. Canda a el, Miguel Doval González foi galardoado coa Gaita de Ouro polo seu traballo a prol da música tradicional, mentres o premio de composición para gaita levouno Jesús Rodil Rodríguez.
Capitán Furilo repite co formato de cea-baile para a presentación do novo disco “Rock”
Xénero: AUDIO
| 6 / 11 / 2009 +Pasan do Pop? (2008) ao Rock(Capitan Furilo - Falcon Records, 2009) pero manteñen o formato da cea-baile para a presentación en sociedade dos seus traballos. O grupo de Ponteareas Capitán Furilo presenta este sábado o seu novo traballo ás 22 horas no Restaurante Cuevas, na parroquia de Bugarín, nun evento que reúne a gastronomía coa animación musical, a cea e a queimada serán complementadas cun concerto ao que seguirá unha sesión dj. O disco Rock foi gravado nos estudios Élite de Vigo baixo a produción de Tino Álvarez ( A-rritmic), e nel a banda ofrece once novos temas cargados da enerxía que ofrecen nos directos. É o primeiro disco “longo” do grupo despois da súa inicial maqueta Non hai problema (2007) e do mini CD Pop (2008).
Ao ritmo de Novoneyra
Xénero:
| 28 / 10 / 2009Mestura de jazz, improvisación e folclore, o contrabaixista Baldo Martínez e a cantante Maite Dono presentaban en directo o pasado día 24 no Teatro Jofre de Ferrol dentro do ciclo "Out-Jazz", o proxecto Sons-Nús. A iniciativa musica poemas de Uxío Novoneyra, vindeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas, e verá a luz na forma de disco a comezos do vindeiro 2010.
O Cuarteto Caramuxo amosa en Tiruriru o pracer de facer música
Xénero: IMAXES + VIDEO
| 27 / 10 / 2009 +Catro clarinetes, un acordeón e a percusión unidos no escenario reinterpretando melodías tradicionais recollidas nos cancioneiros galegos, xunto con composicións de autores contemporáneos de Galicia (Nacho Muñoz, Antón L. Pulido, Jesús González, Ernesto Campos) feitas expresamente para o grupo e melodías inspiradas noutras culturas, no jazz e no pop. Esta é a receita musical coa que o Cuarteto Caramuxo acadou por unanimidade o premio do Festival Folk Cancioneiros organizado no ano 2008 pola Fundación Pedro Barrié de la Maza e a mesma que agora ofrecen no seu primeiro disco Tiruriru (Falcatruada). Trece temas conforman este CD gravado ao vivo nos meses de xullo e agosto nos Estudios Abrigueiro, de Arturo Vaquero, que realizou a masterización e a mestura en colaboración con Jahel Piñeiro. A música de Tiruriru pódese adquirir tamén en formato dixital, a través das mellores tendas da rede. É o caso de Itunes, Amazon, eMusic, etc. De igual xeito, poderase escoitar a través dos servizos habituais de streaming como Spotify, LastFM, Deezer…
novidades discográficas
O Noso Tempo
Hugo Guezeta
Cāldo
Catuxa Salom
Vertentes
Garza
Obra social
ORTIGA
Barullo
Baiuca