Ti estás aquí > Inicio / música en galego
Música en galego
Narf e Manecas Costa publican o disco en directo Aló irmao!
Xénero: VIDEO
| 10 / 6 / 2010 +Doce temas gravados ao vivo os días 16 e 17 de xuño de 2009 no Teatro Principal de Compostela e mais un DVD con aquela actuación. Esta é a proposta que fan o galego Fran Pérez Narf e mais o guineano no disco Aló irmao!, que presentaron onte e que xa está dispoñible nas tendas. O proxecto foi producido por Nordesía e editado por Falcatruada, e amosa a fusión de estilos entre estes dous músicos que xa se puido ver en directo por boa parte do país.
SON Estrella Galicia patrocinará concertos e festivais por todo o país
Xénero:
| 4 / 6 / 2010O proxecto SON Estrella Galicia muda este ano de formato. A marca de bebidas amplía o seu patrocinio de eventos musicais e, para alén do Festival 981, apoiará tamén o MTV Galicia, o Sónar Coruña e mais o Festival Sinsal. Ao tempo, a marca programará actuacións nunha serie de salas como Mondo Club (Vigo), NASA e La Radio (Compostela) e mais Garufa e Club Disco 33 na Coruña, así como o Teatro Lara, en Madrid. Canda a isto, a marca programará concertos como os de Micah P. Hinson en Madrid e Vigo ou The Pains of Being Pure at Heart.
Lamatumbá hipnotiza
Xénero: VIDEO
| 3 / 6 / 2010 +Lamatumbá chega ás tendas co seu terceiro traballo. A órbita da banda hipnótica mantén nos seus catorce temas o estilo festeiro do grupo,que aposta nesta ocasión por se producir a si mesmo coa edición de Discmedi. Pedro, baixista do grupo, fálanos sobre este traballo, que poderemos escoitar este verán en festivais de todo tipo. Aínda que o grupo advirte que o sector está a notar a crise. Jorge Coira dirixe Logo chega o día, o primeiro videoclip deste álbum da banda ourensá.
¿A música tradicional do futuro?
Xénero: VIDEO + AUDIO
| 2 / 6 / 2010 +Conseguir un estilo con identidade propia, pero cun pé no hip hop e outro na música tradicional galega. Este é a aposta que está a facer o coñecido rapeiro vigués El Puto Coke a través de Licor Kafé Producións. Un ambicioso proxecto que está en marcha e que amosará os seus resultados de cara á fin do verán.
O Xacobeo Classics estreará dúas obras de Roxelio Groba
Xénero:
| 1 / 6 / 2010Na suaviña e Na barca son das dúas series de cancións de Rogelio Groba que se estrearán no marco do ciclos Xacobeo Classics. A primeira delas será o día 18 de xuño en Mondaríz, mentres que a segunda será un día despois na Igrexa de San Francisco de Betazos. En ambos concertos, canda a estrea de Groba tamén se interpretarán pezas e Händel e Barber. Rogelio Gobra (Guláns, 1930) é máis prolífico dos compositores galegos e cumpre neste 2010, 80 anos.
As aventuras de Sir Tristán na aldea
Xénero:
| 31 / 5 / 2010Non todo na nosa música tradicional son cantigas sobre amor, sexo ou tarefas agrarias. Canda a eses e moitos outros temas, na memoria dos nosos antepasados atopamos temas fondamente entroncados na cultura europea. O Santo Grial, ou a historia de Tristán e Isolda están plenamente inseridos na nosa tradición musical, e revelan relacións temperás con Irlanda e Bretaña.
O folk que nunca chegou ás tendas
Xénero:
| 19 / 5 / 2010Coincidindo co Día das Letras Galegas, o web A Voz de Vilalba presentou dous temas inéditos dun emblemático grupo renovador do folk nos 80: Xorima, creador dun estilo de facer música de raíz que seguirían despois grupos como Berrogüetto. "De Xolda / Entre o millo" mestura dúas cancións, e foi composto por Ferreirós e Anxo Pintos. O outro tema, "Sicodélica", é de base tradicional con arranxos do grupo. Os temas foron gravados e interpretados en directo en 1988 e ían ser parte do segundo disco de Xorima. Nunca chegou a saír.
O quinto disco de Víctor Aneiros espreme o blues da poesía de Ramiro Fonte
Xénero:
| 5 / 5 / 2010Víctor Aneiros publica novo disco, Brétemas da memoria (Gaztelupeko Hotsak). O guitarrista e compositor dedica unha importantísima parte dos dez temas do seu quinto disco á obra de Ramiro Fonte (1957-2008), adaptando sete poemas de xuventude e da primeira madurez do poeta. Non é a primeira vez que o guitarrista ferrolán se achega á poesía de Ramiro Fonte, pois no seu anterior disco xa recreou "Na barra", tema onde estaban moitas das obsesións do escritor: ambientes nocturnos, personaxes decadentes atrapados entre sombras, atracción polo abismo, Ofelias afogadas na noite... Brétemas da memoria é melancólica, como boa parte da obra de Ramiro Fonte, pero tamén está preñado da contaxiosa enerxía que transmite a guitarra de Aneiros. Víctor inclúe no disco "Axúdame", un tema baseado nun texto doutro poeta galego contemporáneo, Xosé Carlos Caneiro. Dúas pezas instrumentais ocúpanse da apertura e peche de Brétemas da memoria. Javier Vargas, Mauri Sanchis, Roberto Somoza, son algunhas das destacadas colaboracións deste traballo no que seguen acompañando a Aneiros Manuel Gutiérrez ao piano e Marcos S. Yáñez á batería, incorporándose Víctor Gacio ao baixo.
Dous + Tres = Folkfusión
Xénero: VIDEO
| 4 / 5 / 2010 +“Hai xa tempo que Diego Maceiras e mais eu queriamos traballar este tipo de sons”, explica Dani Bellón o nacemento de Folkfusión o seu último traballo. Dous nomes recoñecidos da nosa música tradicional reúnense con outros tres músicos nun quinteto no que a gaita e o acordeón se atopan co contrabaixo, a batería e mais a guitarra para dar forma a un álbum no que o noso folk é só un elemento máis. Habaneras, blues e os ritmos do país danse cita nesta obra do Bellón Maceiras Quinteto, que está a comezar esta primavera a súa xira polo país e que promete un bo feixe de chiscadelas ao público.
Azos Jazz achegará ao público sons vencellados a Galicia
Xénero: AUDIO
| 20 / 4 / 2010 +Unha serie de discos dedicados ao jazz vencellado, dun ou doutro xeito a Galicia e a servir como plataforma dos talentos emerxentes. Esta é a proposta que fai o selo Falcatruada con Azos Jazz, unha colección que se presenta hoxe mesmo con Introducing Álvaro Vieito, o primeiro álbum deste guitarrista e compositor do Porriño con oito temas propios e acompañado polo saxo de Masahiro Yamamoto, Ross Gallagher ao baixo, Max Gómez á batería e a colaboración de Abe Rábade.
novidades discográficas
O Noso Tempo
Hugo Guezeta
Cāldo
Catuxa Salom
Vertentes
Garza
Obra social
ORTIGA
Barullo
Baiuca