Puntuación: 2.2/5 (46 votos)
O lector deste ensaio atoparase cunha introducción á galeguidade. En certo aspecto podería ser clasificado coma un manual escolástico que intenta responder a esta pregunta: ¿en que consiste ser galego hoxe ?
Pero o autor sobrepasa a dimensión académica coloreando o contido do seu libro cun fondo ético de chamamento ó compromiso coa terra; ensaio pechado nunha circularidade temática que o dibuxante Siro descobre no seu limiar: "Chao Rego invítanos a compartir a súa intimidade, e, ao facelo, ofrécenos unha nova imaxe de Galicia que engadir ás que nos deron artistas , políticos, economistas , sociólogos... E a imaxe da Galicia ollada desde a ética".
Se Marx dixera que hai que ser radical e que as raíces do home son o home mesmo, con enteira radicalidade aínda que sen fanatismo ningún, o autor sitúanos diante do desafio antropolóxico que lle axexa a todo galego que anda á percura da súa identidade étnica: renacer á galeguidade. Estamos nuns anos decisivos de encrucillada nos que se xoga o porvir da etnia galega. Esta é, en resume, a mensaxe das páxinas deste libro.
[Contracapa do libro]