En 1934 Laurie Lee, un xove inglés de provincias, desembarcou en Vigo sen saber unha palabra de español, sen cartos e cun violín baixo o brazo.
Durante máis dun ano percorreu a pé o país gañando a vida co seu violín, até que, ao estoupido da Guerra Civil, que lle sorprendeu na costa de Granada, foi recollido por un barco inglés.
Anos máis tarde Laurie Lee escribiu o relato vivo e apaixonante desa viaxe, que nos proporciona, desde un punto de vista singularísimo, un retrato impresionante pola súa inmediatez e vivacidade da España popular dos anos 30 do século pasado nos prolegómenos da Guerra Civil.
A versión inglesa de As I walked out one midsummer morning, editada en 1969, chegou ás doce edicións nos últimos anos.
[Presentación editorial]