O mito do rei Artur é unha das máis vizosas creacións da cultura europea. A tradición artúrica é o resultado da fusión de múltiples elementos ao longo dun periodo de tempo que vai desde o prinicipio da Idade Media aos nosos días. Desde Cunqueiro a Méndez Ferrín, a presenza dese mito fundacional na cultura galega é expresión da súa universalidade.
O mago Merlín, a Táboa Redonda, a corte de Camelot, Guenevere e Lancelot, Perceval, a espada Excalibur e a busca do Graal formaron parte da historia do rei Artur. Un mito que, desde a época celta ata hoxe, se converteu no símbolo da procura do coñecemento. Neste libro téntase deslindar o que nel hai de realidade histórica e o que ten de narrativa lendaria. Celtas, xermánicos w despois cristiáns, amais de rituais e didácticas milenarias, acabaron pro constituír un dos relatos máis fascinantes da nosa cultura. [Capa do libro]