O presente libro - "Do Imperio Romano á Alta Idade Media.
Arqueoloxía da Tardoantigüidade en Galicia (séculos V-VIII)
" Primeiro premio Historia Medieval de Galicia 2004- é unha síntese de todos os traballos arqueolóxicos que se fixeron en Galicia ata agora arredor dunha fase tradicionalmente "escura" e pouco estudada, a que engloba dende os momentos finais do Imperio Romano ata o agromar da Alta Idade Media, pasando polos Reinos Xermánicos, e que na bibliografía científica actual é nomeada como Tardoantigüidade. Pero este traballo non é só unha síntese, senón que tamén presenta unha nova análise do rexistro arqueolóxico destas épocas partindo de plantexamentos máis novidosos, estruturando o rexistro arqueolóxico dende o punto de vista cronolóxico, funcional, político, económico e social.
E partindo destas premisas básicas, ofrécese un novo modelo arqueohistórico para este período na Gallaecia tardoantiga, que pretende encaixar todas as "pezas do puzzle" e sentar as bases teóricas para futuros estudos.
[Texto de contracapa]