Puntuación: 2.2/5 (45 votos)
Se ben que unha análise que
pretenda determinar as orixes do reino
galaico debería remontarse ao período
suevo, a conformación do medieval Reino
de Galiza atopa os seus máis sólidos
alicerces ao longo dunha xeira histórica
situada entre os anos 711 e 910. Trátase
dun tempo que ben podemos denominar
"galaico-astur" toda vez que se, dunha
banda, a corte dese primeiro núcleo da
resistencia cristiá -trala invasión
musulmana de comezos do século VIII-
aparece, con frecuencia, dentro do actual
territorio asturiano, non cabe dúbida, sen
embargo, que vai ser Galicia -a Galicia
lucense e tamén a Galicia bracarense-
o espacio fundamental, e decisivo, para
a conformación política do Christianorum
Regnum dos "galegos".
Durante os últimos anos estamos a
asistir a un verdadeiro rexurdir da historia
política. E cómprelle este novo abrollar
unha vez que comprobamos que, en boa
media, a historia da Idade Media vén
determinada pola historia das grandes
familias que a protagonizaron. Deste
xeito, as figuras de reis, nobres -laicos
ou eclesiásticos- adquiren unha nova
dimensión. Non se trata de volvermos a
aqueles conceptos -caducos- dunha
historia de "grandes homes e altos feitos";
sen embargo, recoñecermos cales foron
os protagonistas concretos de cada
momento non é un ha tarefa trivial e/ou
innecesaria; efectivamente, en momentos
nos que o poder se concentra en mans
concretas, faise necesario coñecer os
nomes propios desas mans, analizar as
relacións que se establecen entre as
diferentes liñaxes e, á súa vez, entre esas
liñaxes e a posesión da terra e máis a
capacidade de expansión territorial da
monarquía. Desta maneira, a historia
política entronca coa historia social,
económica e cultural, abrindo unha
perspectiva plural que nos permita
acadar unha imaxe máis completa do
noso pasado. Á súa vez, o pasado nunca
morre: tan só na súa análise -Ionxe de
mitificacións estériles- pode dar paso a
unha mellor comprensión do propio
presente e aínda a tracexarmos o futuro
da nosa nación.
[texto contracapa]