Puntuación: 1.7/5 (49 votos)
Do G ao Z, de Manuel Veiga, é un dicionario humorístico e indignado que comeza pola letra «G» e no que se van definindo, con moita retranca, palabras que teñen que ver coa actualidade, coa política, coa cultura e coa historia, sempre cun enorme sentido de humor. Como especifica o seu autor no limiar, «o de «dicionario» é oportuno porque alude, de forma implícita, a textos breves e variados, a un libro que se pode comezar a ler por calquera parte, que se pode pousar e abandonar para volver comezalo noutro momento calquera, incluso un ano ou dous máis tarde, pois non é preciso recordar a trama nin o nome dos personaxes». Galicia, a Guerra Civil, o humor, a humildade, intelectual, Lenin, libraría, Manuel Fraga, misoxinia, O amante de Lady Chaterley, a política, a publicidade, o Quixote, o racismo, ravachol, Santiago, travestí, Vigo, watergate ou Zapatero son algunhas das palabras definidas neste dicionario agudo, divertido, desenfadado e indignado co que Manuel Veiga pon o dedo na chaga da sociedade actual.
[Presentación editorial]