Que pasaría se unha máquina desenvolvese conciencia de seu? Cal sería, en tal caso, a súa opinión sobre a orde establecida?
Unha novela de ciencia ficción ambientada na Galicia do presente pois, segundo o autor, "a apocalipse xa pasou". Os partidarios e inimigos desta Máquina revolucionaria cruzan os seus camiños, poñen en xogo as súas vidas. Mais só un dos bandos pode prevalecer.
Con elementos do xénero policial, da novela psicolóxica e do ciberpunk, Alberto Lema constrúe un relato no que se decide nada menos que o futuro da civilización.
[Presentación editorial]
ficha da publicación
» Título:
Da máquina
» Escritor/a: Alberto Lema
» Ed.
Galaxia,
» Ano: 2012
» Xénero: Narrativa
» CDU: 82-3=134.4
» IBIC: F - Ficción e temas afins
» Coleccion: Literaria
» Pax: 216
» ISBN: 978-84-9865-419-6