Os teus contidos en Leme

Home  >>  Os teus contidos en Leme

LEME é unha aplicación gratuíta do Consello da Cultura Galega, destinada a facilitar aos cidadáns o acceso e localización de equipamentos e recursos culturais en toda Galicia. Pero o CCG abriu unha API en Leme que permite que persoas ou as entidades tamén poidan dar a coñecer os seus recursos e equipamentos dentro da aplicación e beneficien ás súas propias páxinas do tráfico de LEME.

Que se pode introducir?

Os contidos introducidos deben ser equipamentos culturais (teatros, auditorios, galerías de arte, centros de interpretación, museos, etc.), patrimonio natural (carballeiras, praias, montes, etc.) ou recursos do patrimonio cultural inmoble (castelos, castros, fontes, cruceiros, etc.) ou de valor antropolóxico e/ou etnográfico (lendas, espazos de tradición comunal, etc.). En Leme non se poderán introducir localizacións de servizos que teñan ánimo de lucro (hoteis, casas de turismo rural, restaurantes, bares, tendas, etc.). O Consello da Cultura Galega resérvase o dereito de eliminar aqueles elementos que non se axusten a estas características.

Quen pode introducir?

Outras entidades de xeito automatizado

As terceiras partes (entidades públicas ou privadas en ánimo de lucro) poden introducir os seus contidos en Leme de forma automatizada a través da nosa API, xenerando un ficheiro XML de acordo coa estrutura proporcionada nesta documentación. O CCG realizará unha verificación de datos, procederá á carga dos datos na aplicación e realizará actualizacións, no caso de ser preciso, de conformidade coa entidade. A carga e publicación de datos non ten custe para a terceira parte.

Publicar os datos xeográficos en LEME é moi convinte para ti, para darte a coñecer e difundir mellor o teu traballo. Cada elemento en LEME inclúe unha ligazón á túa base de datos, o cal supón un interesante fluxo de tráfico contextual e de calidade para o teu web, por parte de usuarios moi interesados no teu contido.

Calquera cidadá/n ou entidades de xeito manual

Calquera usuario ou usuaria pode publicar datos en LEME e mesmo contribuír á indicar cales son os sitios máis interesantes para ser percorridos. O sistema permite subir fotos, deixar comentarios, sinalar onde se está para compartilo e arquivalo, e contribuír coa comunidade a marcar os lugares máis relevantes para que outros cidadáns descubran un espazo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>