culturagalega.org

inicio / colaboradores / por

por

Distribución, a fronteira final

Se queredes BD en galego insistide ó voso libreiro.

4 / 8 / 2008
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Se ata fai pouco, os cuartos de final eran o mal endémico do futbol español, pódese dicir que o mesmo pasa coa distribución no panorama da BD en España e por ende en Galicia.
Ata agora, o problema da BD galega era simplemente que non había apenas referencias. Unha publicación institucional por aquí, unha edición en galego por alá, varios intentos fallidos dalgunhas editoriais, etc... A cousa non era para botar foguetes.

Por sorte, parece ser que nos últimos tempos cada vez aparecen máis referencias. É normal, posto que dende sempre houbo unha demanda de tebeos en galego, mais polo contario e facendo fronte a toda lóxica, para esa demanda non había oferta. A xente quería ler cómic en galego, mais non atopaba como. Incluso houbo lectores que apostaron pola BD en portugués coma “mal menor”. En todo caso, como dicía, dende hai algún tempo grazas á laboura dalgunhas editoriais e colectivos, xunto coa atención que dende os organismos oficiais se está prestando á BD, vemos como mes tras mes a oferta de BD en galego vai medrando.
Dende as revistas BD Banda, Barsowia, Retranca, pasando polos albumes de Factoría K ou El Patito, ata a edición en galego do Maus, por parte dunha editora maiorquina.

Visto o visto, pódese dicir que temos superado o primeiro paso; xa temos un feixe de cómics en galego. Parecía que o máis dificil estaba feito, pero coma sempre, a realidade dinos o contrario. Agora temos o material, pero curiosamente o lector final segue sen ter acceso a este material. ¿Cal é a explicación?. Moi fácil, a pésima distribución do produto.

A distribución da literatura en xeral, e do cómic en particular, é mala. Como dixen antes, este é o mal éndemico do sector. En comparación con outros sectores do ocio, o negocio dos tebeos non move a cantidade de cartos suficiente como para se facer respectar. Polo tanto, visto dende este ángulo, é normal que as distribuidoras non se apliquen en coida-lo produto, facendo que a presenza de moitos títulos nas estanterías sexa case unha cuestión de fé.

Levado este tema ó campo da distribución de cómic en galego, a cousa aínda é mais dolorosa. Teñamos en mente que as iniciativas de publicación en galego parten dos lugares máis inesperados e moitas veces respaldadas polo esforzo e a ilusión de pequenos editores, máis preocupados de ver o seu produto no mercado que de facerse ricos. Polo tanto, ante o panorama actual do mercado, saturado de novidades, estes pequenos editores vense totalmente atrapados por un sistema de distribución que non se interesa por facer ben o seu traballo e que non respecta o cliente. Para estas distribuidoras, un cómic en galego é un produto máis entre miles deles, entrando e saíndo tódolos días dos almacens de reparto.
Esta situación, pensando que os editores pouco poden facer unha vez que entregan o seu material ós distribuiodres, deixa ós libreiros a responsabilidade, case total, de facer un labor de recuperación destes produtos, procurando e reclamando as referencias que non chegan, e realmente, facendo o traballo que deberían facer as empresas encargadas da distribución.
A realidade é que este traballo é complicado e de difícil éxito económico. Para que un libreiro poda ter unha selección básica de referencias en galego, ten que traballar con oito distribuidoras distintas. En cada unha destas, podes atopar unha referencia, e a maioría das veces, só esa referencia. Como consecuencia, os gastos derivados da distribución, entre eles os portes e as ridículas marxes comerciais nas que se moven estes títulos, fan economicamente inviable calquera tipo de investimento neles, facendo que gran parte do gremio dos libreiros busquen máis rendibilidade noutros cómics, e deixando que a presenza nas estanterías dependa única e fundamentalmente da boa vontade do libreiro en cuestión, e da súa relativa “militancia” coa “causa”.

Temos diante de nós, un problema de grandes dimensións e de dificil solución. En canto as vendas dos cómics en galego non procuren a atención destes distribuidores, facendo que se preocupen polo material que teñen que distribuir, non creo que cambie moito a cousa. Por outro lado, se estes títulos non chegan en condicións óptimas ás librerías, é difícil que as súas vendas aumenten o que deberan. De pouco serve que cada vez haxa mais referencias de BD en galego, se o lector nen se enteira de que están aí e non as pode atopar na sua librería.

Esperemos que pouco a pouco esta situación vaia cambiando. Entretanto, sempre que queirades un cómic en galego, insistide ó voso libreiro para que se faga con el. Este é o xeito de amosar que hai mercado para o cómic en galego, e ó mesmo tempo facer que as principais culpables, as distribuidoras, presten máis atención á nosa querida banda deseñada.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org