Esta primeira entrega da serie supuxo o debut conxunto do guionista americano coñecido polo pseudónimo de Sam Timel e do debuxante Corentin (París, 1983). A vida de Micha Khodorov cambia de súpeto e desde a infancia coñece o que significa perdelo todo cando seu pai, un rico e poderoso empresario, se converte en obxectivo do goberno ruso. Comeza entón para o rapaz unha amarga experiencia na compaña do seu fiel gardacostas Igor, marcada polas ameazas e as fuxidas, sempre baixo unha nova identidade. Álbum da selección oficial do festival de Angoulême 2010.
FICHA TÉCNICA
Galicia, 2010
Textos en galego e castelán
Continúa a publicarse
Periodicidade única
Depósito legal:
ISBN: 978-84-938225-2-1 (ed. galego) e 978-84-938225-1-4 (ed. castelán)
ISSN:
Categoría: Álbum
Formato: cartoné, 29,5 x 21,5 cm, 64 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 15 euros
Tiraxe: 2.000 exemplares en castelán e en galego 1.000 exemplares
Distribución: librarías especializadas e xeralistas
Entidade:
El Patito Editorial,
Noticias relacionadas
BD: Radiografía 2010
Publicado o 12 / 1 / 2011
Culturagalega.org presenta o primeiro resumo estatístico sobre a produción de banda deseñada no noso país