Cómic de temática humorística e picaresca. O ilustrador Bruno Heitz adapta Le Roman de Renart, unha das obras literarias máis antigas escritas en francés. Foi redactada en forma de poemas durante os séculos XII e XIII para parodiar a épica e a novela cortesá da época. Os sucesos que se narran transcorren nunha sociedade animal, antropomórfica, e o seu principal protagonista é Renart, o raposo. As historietas, distribuidas en capítulos, remóntanse á época medieval: a fame e a penuria acucia os máis desfavorecidos e Mestre Raposo utiliza o enxeño para conseguir alimentos para a súa familia. O segundo volume saiu en 2011. As cantidades indicadas nas tiraxes son iguais para ambos tomos.
FICHA TÉCNICA
Galicia, 2010
Textos en galego e castelán
Continúa a publicarse
Periodicidade aperiódica
Depósito legal:
ISBN: 978-84-96957-81-7 (nº1 ed. galego), 978-84-96957-82-4 (nº1 ed. castelán), 978-84-15250-20-3 (nº2 ed. galego), 978-84-15250-19-7 (nº2 ed. castelán)
ISSN:
Categoría: Álbum
Formato: cartoné, 31 x 23 cm, 48 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 15 euros
Tiraxe: 2.000 exemplares en castelán e en galego 1.000 exemplares
Distribución: librarías xeralistas
Entidade:
Faktoría K de Libros,
Noticias relacionadas
BD: Radiografía 2010
Publicado o 12 / 1 / 2011
Culturagalega.org presenta o primeiro resumo estatístico sobre a produción de banda deseñada no noso país
Cadriños sen crise
Publicado o 10 / 8 / 2010
Viñetas desde o Atlántico mantén o seu nivel cunha maior participación do sector