Ata hai pouco tempo, Gregor era un neno coma os outros. Ben, se cadra un pouco máis rosmón e solitario que a maioria, mais nada fóra do normal nun neno de 12 anos. Coa cabeza chea de soños, el imaxinaba vivir aventuras extraordinarias. A súa sorpresa vén cando, após descubrir un estraño medallón, Gregor se atopa en pleno século XVII, falando coma se nada en grego e vivindo no medio de seres máxicos. Gregor será o encargado de salvar todo un mundo que os humanos descoñecen. O volume 1 (
O viaxeiro) publicouse en 2009 e o 2 (
A chave do tempo) en 2011. Guión de D-P Filippi. Debuxo de J. Etienne. Deseño do libro de Gochi. Corrección lingüística de María Otero Porta.
FICHA TÉCNICA
Galicia, 2009
Textos en Galego
Continúa a publicarse
Periodicidade
Depósito legal: C 2368-2009
ISBN: 84-935904-3-7
ISSN:
Categoría: Álbum
Formato: rústica con lapelas de 7 cm, interior papel estucado mate branco de 170 grs, cosidos fío vexetal, cuberta de cartulina gráfica invercote G branca de 300 grs, plastifícada mate e verniz UVI (20 cms2) una cara, 24 x 17 cm, 48 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 10 euros
Tiraxe: para o nº1 1000 exemplares e para o nº2 igualmente 1000 exemplares
Distribución:
Entidade:
Asociación Cerditos de Guinea Comics,
Noticias relacionadas
Receitas para revivir un entroido (II)
Publicado o 20 / 2 / 2023
A fidelidade, a dificultade de manter prácticas comunitarias ou a transmisión son retos destacados nas recreacións destas festas tradicionais
Os vellos entroidos que veñen
Publicado o 27 / 2 / 2014
A espectacularización preséntase como a principal ameaza para a recuperación destas festas tradicionais
Dosier: Entroido
Publicado o 21 / 2 / 2012
Redescubre con nós as celebracións de Entroido en Galicia