Serie de álbumes europeos escritos por Alejandro Jodorowsky, encetada co título Dayal, o primeiro antepasado. Trata sobre as orixes da casta dos Metabaróns. Hai moito tempo existiu Ahour-a-anana, un pequeno planeta con dúas tribus enfrontadas. A guerra fratricida que houbo entre elas dúas deu orixe ao primeiro ancestro, Dayal de Castaka. A edición orixinal francesa data de marzo de 2007 e é de Humanoïdes Associés, en canto a edición española é de xaneiro de 2008 por conta de Norma Editorial. A edición portuguesa, tamén de 2008, é de VitaminaBD. En 2013 viu a luz o segundo volume no mercado francés, onde tamén saiu un cofre contendo senllos volumes.
FICHA TÉCNICA
Barcelona, 2008
Textos en castelán, francés nas respectivas edicións
Continúa a publicarse
Periodicidade aperiódica
Depósito legal:
ISBN: 978-84-9847-380 (v.1 castelán), 978-2-7316-1762-7 (v.1 francés), 978-989-8062-17-8 (v.1 portugués), 978-2-7316-2335-2 (v.2 francés)
ISSN: Carece
Categoría: Álbum
Formato: Cartoné, 29,5 x 22 cm, 56 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 14 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: todo o Estado
Entidade:
,
autores
Noticias relacionadas