A agrupación cultural Alexandre Bóveda da Coruña levou a cabo en 2006 o "Programa Ilumina Galiza, realidades descoñecidas do país", tratando temas tan diversos como a arquitectura galega nos finais do século XX ou a edición das obras completas de Genaro Marinhas del Valhe. No marco desta programación desenvolveu unhas Xornadas sobre Inés de Castro con conferencias e obras de teatro. Ademais promoveu a edición desta banda deseñada sobre a galega que reinou, despois de falecer, en Portugal. O obxectivo da edición é didáctico, achegando a figura histórica á audiencia infantil. Cada páxina é unha viñeta con encabezamento e pé e non se usan globos de diálogo.
FICHA TÉCNICA
A Coruña, 2006
Textos en Galego
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal:
ISBN:
ISSN:
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: grampado, cm, 18 páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: euros
Tiraxe: 2.000 exemplares
Distribución:
Entidade:
Alexandre Bóveda,