» banda deseñada »  publicación
Castaka
2008 | Álbum

 

Serie de álbumes europeos escritos por Alejandro Jodorowsky, encetada co título Dayal, o primeiro antepasado. Trata sobre as orixes da casta dos Metabaróns. Hai moito tempo existiu Ahour-a-anana, un pequeno planeta con dúas tribus enfrontadas. A guerra fratricida que houbo entre elas dúas deu orixe ao primeiro ancestro, Dayal de Castaka. A edición orixinal francesa data de marzo de 2007 e é de Humanoïdes Associés, en canto a edición española é de xaneiro de 2008 por conta de Norma Editorial. A edición portuguesa, tamén de 2008, é de VitaminaBD. En 2013 viu a luz o segundo volume no mercado francés, onde tamén saiu un cofre contendo senllos volumes.

FICHA TÉCNICA

Barcelona, 2008
Textos en castelán, francés nas respectivas edicións
Continúa a publicarse
Periodicidade aperiódica
Depósito legal:
ISBN: 978-84-9847-380 (v.1 castelán), 978-2-7316-1762-7 (v.1 francés), 978-989-8062-17-8 (v.1 portugués), 978-2-7316-2335-2 (v.2 francés)
ISSN: Carece
Categoría: Álbum
Formato: Cartoné, 29,5 x 22 cm, 56 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 14 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: todo o Estado
Entidade: ,

autores

daspastoras.jpg
Das Pastoras
Debuxante
Portadista




  Noticias relacionadas

Dámosche todas as claves para te orientar no proceloso mundo da BD galega
Publicado o 13 / 4 / 2010
ABC BD : Manual Básico de Banda Deseñada
Catro galegos nas candidaturas aos premios Expocómic 2008
Publicado o 23 / 10 / 2008
Son candidatos a mellor guión, autor revelación e mellor debuxo do Estado
Chega ás librarías o segundo tomo de “Las nuevas aventuras de Esther” e a versión española de “Castaka”
Publicado o 30 / 1 / 2008
Máis Esther e Das Pastoras
Sae á luz "Castaka", o traballo de Das Pastoras con Jodorowsky, mentres se confirma a edición francesa do tomo dous de "Os heresiarcas"
Publicado o 8 / 3 / 2007
Les nouveautés

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org