» banda deseñada »  publicación
As aventuras dun neno galego
1985 | Álbum

 

Dous álbumes que compilan historias ambientadas na cultura castrexa. O guión é de Xesús Franco González e o debuxo de Bofill, coa asesoría histórica de Xosé Manuel Hidalgo. Os relatos viron a luz por primeira vez no suplemento infantil "A Pizarra" que editaba o Faro de Vigo a comezos dos oitenta. En 1985 foron compiladas en dous álbumes editados pola Consellería de Edución e Cultura dentro dunha Campaña Experimental de Fomento da Lectura. "Os homes do fin do mundo" preséntanos a Nem, o neno protagonista e os seus amigos, e narra varias historias breves. O segundo volume, "Os fillos de Breogán", é unha historia longa na que os protagonistas visitan Brigantium. A influencia de Astérix déixase sentir mesmo no deseño dalgún personaxe.

FICHA TÉCNICA

Galicia, 1985
Textos en galego
Edición rematada
Periodicidade aperiódica
Depósito legal:
ISBN: 84-398-3685-6 (Os homes...) e 84-398-5401-3 (Os fillos...)
ISSN:
Categoría: Álbum
Formato: cartoné, cosido fío, 30 x 22 cm, 56 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 3.91 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: Galicia
Entidade: Xunta de Galicia,

  Noticias relacionadas

A historia en cadriños
Publicado o 6 / 4 / 2009
A temática histórica amósase coma unha constante na banda deseñada galega

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org