Banda deseñada que con guión de Enrique Vázquez Pita repasa en clave épica e local a historia oficial da cidade da Coruña e algunha das súas lendas e personaxes. Publicouno La Voz de Galicia en doce fascículos dominicais gratuítos. Textos de autores como José María Bello, Carmen Saavedra, Xavier Castro e Miguel Pazos Otón completan a información historiográfica e arqueolóxica aportada pola publicación nos seus interiores de cubertas. Contou co patrocinio da Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, á parte doutras entidades privadas.
FICHA TÉCNICA
A Coruña, 2008
Textos en castelán
Edición rematada
Periodicidade semanal
Depósito legal: C 4361-2008
ISBN: Carece
ISSN: Carece
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: grampada, 29,7 x 21 cm, 16 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 0 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: gratuíta coa edición local da Coruña do diario La Voz de Galicia
Entidade:
La Voz de Galicia,
Concello da Coruña,
Deputación da Coruña,
autores