» banda deseñada »  publicación
1809. A Revolución Neria
2010 | Álbum

 

En 1807 o rei Carlos IV acordou con Napoleón que España e Francia se repartisen Portugal se este país non rachaba a alianza con Inglaterra. Máis tarde, coa desculpa de invadir Portugal, Napoleón cruza os Pireneos e ocupa Madrid. A oposición aos franceses estendeuse por todo o Estado. O exército francés chegou a Galicia atrás do británico e tomaron o noso país. Non obstante, os franceses nunca controlaron realmente Galicia. Polas présas, chegaron sen intendencia e optaron por requisarlle bens ao pobo, que se rebelou en forma de guerrillas. A finais de xaneiro de 1809, cento vinte `dragóns´ do exército invasor chegan ás vilas de Cee e Corcubión esixindo cartos e alimentos para homes e bestas. Esta obra relata os feitos que aconteceron daquela. Foi desenvolvida con asesoramento histórico de Alejandro Lamas, Salvador Mosteyrín e José Ramón Rey e coordinación de Xan García Pouso.

FICHA TÉCNICA

Galicia, 2010
Textos en Galego
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal: C 671-2010
ISBN: carece
ISSN: carece
Categoría: Álbum
Formato: rústica con lapelas, 29,7 x 21 cm,  páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 3 euros
Tiraxe: 8000 exemplares
Distribución: Asociación Neria
Entidade: Deputación da Coruña,

autores

varelaferreiro.jpg
Varela Ferreiro, Alberto
Debuxante
Guionista




  Noticias relacionadas

As imprescindibles de 'A Coruña no tempo'
Publicado o 14 / 7 / 2023
Seleccionamos dez pezas da exposición 'A Coruña no tempo' que contan a historia da cidade
A coprodución do CDG 'Tolo' preséntase hoxe en Turquía
Publicado o 7 / 10 / 2022
A montaxe de Cinema Sticado e o turco Tíyatro Eksen baséase nun texto do dramaturgo ucraíno Nicolái Gogol
A Coruña conmemora os 150 anos da presenza de Rosalía de Castro na cidade
Publicado o 9 / 11 / 2021
Unha exposición, un roteiro, concertos e conferencias compoñen o programa da celebración
Alberto Varela imaxina en 'Wolfram' unha trama de espías na Galicia de 1939
Publicado o 31 / 7 / 2020
O autor presenta esta nova banda deseñada de aventuras que emparenta cos grandes clásicos da liña clara
O Museo Massó abre en liña un 'best-seller' medieval da súa biblioteca
Publicado o 8 / 5 / 2020
A institución fai un achegamento ao Liber Chronicarum por medio dunha presentación e pasatempos en liña
BD: Radiografía 2010
Publicado o 12 / 1 / 2011
Culturagalega.org presenta o primeiro resumo estatístico sobre a produción de banda deseñada no noso país
Alberto Varela Ferreiro publica unha BD histórica
Publicado o 20 / 4 / 2010
1809. A rebelión Neria narra o alzamento da Costa da Morte contra os franceses

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org