» banda deseñada »  extras

EXTRA. El gran banquete

El gran banquete

Promoción da nova gastronomía galega usando a linguaxe da banda deseñada con influencias manga. A autora do debuxo é a ilustradora viguesa Silvia Represas.
Realizouse a iniciativa de Javier Rodríguez, presidente de Nove, un colectivo de novos cociñeiros galegos. Escolleron o manga coa vontade de darlle un aspecto moderno e tamén porque a cociña xaponesa é un referente para eles. É a primeira vez que o grupo Nove, que cita a emisión de "O gran sushi" na TVG como outra influencia, usa o cómic como medio promocional, obtendo unha resposta moi positiva. Non está prevista a edición en papel.

Descarga aquí o documento


07/01/2010, Integro Publicado
Autores:


Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org