Ilustrador, debuxante e deseñador en soportes dixitais. Foi un dos creadores e editores do fanzine "Alopecia Mental". Colaborador das revistas "BD Banda" (dúas épocas), "Barsowia" e participante no álbum colectivo "H2Oil", ten feito cómics para moitos títulos españois como "Cabezabajo", "HUMO", "2 Veces Breve" ou "Argh".
Bedegrafia:
- Tres tiras dunha serie de
funny animals de xénero cómico cotidiano chamada "Lucky Duckie" no "Alopecia mental" nº2 (2000)
- Historia curta de título "Limbo" de corte fábulo-cómico-mitolóxica ("BD Banda" nº2, 2002)
- Historia homenaxe a "13 Rúe del Percebe" ("Fanzine das Xornadas" de Ourense, 2002)
- Serie "Lúa" de humor näif (segunda etapa de "Golfiño", 2002)
- Serie "Niko Natas" ao estilo Hanna-Barbera sobre un xenio malvado (segunda etapa de "Golfiño", 2003)
- Serie de xénero negro "Sam Reinhardt" ("BD Banda" nº4, 2003)
- "Ulf e Olf" serie de humor absurdo ("Barsowia" nº1, 2003; nº2, 2004)
- "Stereotöpffer: Noma wuarra", historia cómica de homenaxe ás películas mudas ("Barsowia" nº1, 2003)
- "Stereotöpffer: Txapapott pointorg" para o álbum colectivo "H2Oil" (2003)
- "Don Ninguén", historia cómica muda ("Fanzine das Xornadas", 2003)
- "Kitty Genovese" ("Argh" nº1, 2pp)
- "Cazador,cazado: palíndromo", experimento narrativo ("Lunático" nº1, 1p)
- Guión de "Escamado" para debuxos de Victor Rivas ("BdBanda" segundo volume nº1, 2007, 8pp)
- "La misteriosa desaparición de..." (Buen Provecho nº3, 1p)
- "Te visitará la Muerte" (Dos veces Breve especial Galicia, 6pp)
- "Las Buenas Intenciones" (Dos veces Breve especial Muerte del Underground, 4pp)
- "El chico del corazón roto III" (Fanzine Enfermo nº6, 4pp)
- "Thelema" (Fanzine Enfermo nº8, 6pp)
- Serie na revista Humo (tres números, 4pp en cada un)
- "As boas intenções" (Jukebox, revista brasileira de cómic e música)
- Historia de dúas páxinas sen título ("Lunático" nº2, 2007).
Entrevista a Miguel Porto en
Entrecomics (2007)
Blogspot
Palmarés
Xa ben novo se interesou polas viñetas, gañando o terceiro premio do I Salón do Cómic de Vigo (1995) na categoría infantil, coa historia de corte superheroico/político "Parade a guerra". Recibiu o primeiro premio no concurso de Banda Deseñada de Ourense 2001 na categoría B (18 a 22 anos) pola historia "O que non se ve" homenaxeando ás producións de Disney. Concedéuselle tamén o 3º premio no IV Certame de Imaxe Artística Xuventude en 2003, categoría B, pola historia "Soviet" que mestura a ficción histórica co costumismo. Accésit nos premios do Injuve en 2005.
Formación específica
Cursou bacharelato artístico no Instituto Politécnico de Torrecedeira. Asistiu á academia de cómic e ilustración de Víctor Rivas. Licenciouse en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra.
publicacións
Álbum
Enfermo
Debuxante,
Guionista,
Revista ou comic-book
Barsowia
Debuxante,
Guionista,
Álbum
H2Oil
Debuxante,
Guionista,
Revista ou comic-book
Golfiño
Guionista,
Debuxante,
Noticias relacionadas