Abrígate |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Abrígate
Valeria, unha rapariga arxentina descendente de galegos, trasládase a vivir a unha vila da provincia da Coruña para reencontrarse coas súas orixes e consigo mesma. Coñecerá unha serie de persoas diversas e fascinantes a raíz da desaparición do seu amante Yves, acontecida a noite de San Xoan. Toda a película está rodada respectando o idioma natural dos personaxes, galego, español, porteño. A versión española mantén os diálogos en galego, só subtitulándoos. Filme rodado en Betanzos e na Coruña. Preestrea 23/5/08.

Palmarés: Premio á mellor actriz para María Bouzas, premio do público e premio especial de TVE, na XIII Mostra de Cine Latinoamericano de Lleida. Beneficiaria do primeiro fondo Raíces.

Ficha artística
Dirección: / Ramón Costafreda
Dirección artística: / Curru Garabal
Dirección de produción: / Carlos Amoedo
Dirección fotografía: / Jesús Escosa
Guionista: / Fernando Castets / Ramón Costafreda
Intérpretes: / María Bouzas / Celso Bugallo / Amalia Gómez / Félix Gómez / Javier Lombardo / Luisa Merelas / Manuela Pal / Pepo Suevos / Luís Zahera
Maquillaxe: / Raquel Fidalgo
Montaxe: / Guillermo Represa
Música: / Arturo Vaquero
Produción: / Pancho Casal / Antonio Chavarrías / Juan Vera
Produción Executiva: / Carmen de Miguel

 

Ficha técnica
Produtora / Continental Producciones, S.L. / Oberón cinematográfica / Pol-Ka

Titulo orixinal: Abrígate
Tipo: Longametraxe
Xénero: Comedia
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 90'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Galego e castelán (8 copias en Galicia)
Recadación: 60.884 €
Espectadores: 11.018

vIDEOS | VER todos os videos de Abrígate  (2)

Galería de imaxes | VER AS 10 fotos de Abrígate

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org