Curtametraxe documental de apropiación que trata sobre a memoria da Transición, construída a partir de certas producións do cine militante que contradín as imaxes oficiais que elaboraron a memoria do final do franquismo e do inicio da democracia. O título remite á capacidade da arte de visibilizar aquilo que non ten representación. Amósase o que non ten visibilidade (cando menos hexemónica), o que está ausente das políticas de memoria.
|
Ficha artística
Dirección:
/
María Ruído
Ficha técnica
Produtora
/
Producciones Doradas
Titulo orixinal: Lo que no puede ser visto debe ser mostrado
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 12'
Orixe: Cataluña
Ano: 2010
Idioma V.O.: Castelán