Gata salvaxe |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Gata salvaxe
Telenovela venezolana protagonizada por Rosaura Ríos Olivares, unha muller á que chaman a "Gata Salvaxe" polo seu carácter valente e obstinado. Rosaura traballa todo o día para poder sacar adiante ao seu pai acohólico, á súa madrastra e aos seus medio irmáns. Na luxosa facenda que hai ao lado da súa casa, vive unha adiñeirada familia, os Arimendi, cuxo fillo, Luís Mario Arismendi, acaba de voltar ao fogar para superar a perda da súa muller. Rosaura pronto namora de Luís, ao que non lle importa xogar cos sentimentos da rapaza. Por outra parte, o pai de Rosaura garda un segredo que pronto cambiará a vida da súa filla. Esta telenovela está composta por 252 capítulos.

Ficha artística
Intérpretes: / Marlene Favela

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)

Titulo orixinal: Gata salvaje
Tipo: Serie
Xénero: Drama
Produción allea
Realizada a cor
Orixe: Venezuela
Ano: 2002
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org