As aventuras do profesor Sembei Norimaki e a súa creación, Arale, un robot humanoide con forma de nena de dez anos, sen sentidiño e cunha forza extraordinaria. A maioría das historias transcorren na Vila do Pingüín, onde ninguén sabe que en realidade Arale é unha máquina. A serie está chea de personaxes de todo tipo, dende alieníxenas ata unha parodia de Superman. Emitiuse por primeira vez en galego a finais dos anos oitenta. Título emitido dentro do Xabarín Club.
|
Ficha artística
:
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
Titulo orixinal: Dr.スランプ
Tipo: Animación
Xénero: Comedia
Produción allea
Realizada a cor
Orixe: Xapón
Ano: 1981
Idioma V.O.: Xaponés
Subtitulada: Galego, catalán, éuscaro