O Güerepork |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

O Güerepork
Dous maleducados turistas estadounidenses son expulsados dun autobús en ruta, polo seu incívico comportamento. Despois dun longo e difícil camiño a pe, conseguen chegar a unha granxa galega onde son recibidos por unha parella de entrañables avós. Pero, ao caer a noite, os vellos non son o que parecían.

Palmarés: Na altura de 2009 leva colleitados cincuenta premios, incluíndo os do I Festival FIBABC e mais o primeiro premio do SICARM de Murcia. Algúns dos galardóns que levou son os seguintes: Mellor animación no Festival de Creación Audiovisual de Cabra (Córdoba). Mellor curta española (ex aequo) en Animadrid 2008 (Madrid). Mellor curta de animación no Festival Internacional de Cortos de Cine del Aljarafe “Espartinas de Cine” (Sevilla). Segundo premio de animación no Festival Pata Negra de Guijuelo (Salamanca). Premio da prensa no mesmo festival. Terceira mellor curta no Festival Internacional de Animación (Animacor, Córdoba). Mellor curta de animación no Festival Cortocomenius (Valencia). Primeiro premio de animación no Certamen Nacional de Cortometrages “Ciutat de Valls” (Tarragona). Premio do público á mellor curta de animación no Fancine, Festival de Cine Fantástico (Málaga). Premio de animación no Festival de Cortometrajes de Eibar (Guipúscoa). Premio de animación no Certamen de Cortos Corta-t (Las Palmas). Mellor curta de animación no Maratón de Cine Fantástico y de Terror, Las Cotxeres de Sants (Barcelona). Premio de animación no Festival Internacional de Cortometrajes “Atene@s” de Villacañas (Toledo). Mellor non-ficción, no Imola Film Festival 2008 de Ravenna (Italia). Mellor curta de animación no Cineclub 2001, Festival de Cortometratges de Celrà (Girona). Mellor curta no XV Concurso de Cortos 2009, Cuadrilla de La Guardia-Rioja Alavesa (Álava).
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Ficha artística
Dirección: / Notice: Undefined offset: 1 in /var/www/html/cultura/html/avg/inc_extraficha.php on line 44 Sam
Dirección fotografía: / Justo Guisasola
Guionista: / Notice: Undefined offset: 1 in /var/www/html/cultura/html/avg/inc_extraficha.php on line 44 Sam
Montaxe: / Fran X. Rodríguez
Produción: / Ignacio Benedeti / Xosé Zapata
Xefatura de son: / Daniel Patiño

 

Ficha técnica
Distribuidora / Biblos Clube de Lectores / Consorcio Audiovisual de Galicia
Produtora / Ignacio Benedeti Cinema S.L.
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia) / Consorcio Audiovisual de Galicia

Titulo orixinal: The Werepig
Tipo: Animación
Xénero: Terror
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 17'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Castelán
Orzamento: 60.000 €
Porcentaxe subvencións: 25 %
Importe subvencións: 15.000 €

vIDEOS | VER todos os videos de O Güerepork  (1)

Galería de imaxes | VER AS 2 fotos de O Güerepork

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org