Alber Ponte
Dirección
Nome completo: Felipe Alberto Ponte Pena
Dorking, Surrey (Reino Unido) 1963
Cineasta galego afincado en Madrid, ten asinado unha longametraxe ademais dunha trintena de curtas. Grazas a este tipo de produción que el tanto promove, confirmouse ao longo da década dos noventa como un dos máis activos directores cinematográficos de Galicia. Cofundou con Aníbal Castro Malvar a produtora Sierra Madre en 1993. Tamén ten experiencia en realizacións para televisión e formato vídeo e ademais de actor, ten exercido como compositor e dramaturgo.

FILMOGRAFÍA
- Fútbol de alterne (2010)
- Chámome Rama (2009)
- Xantar amodo (2009)
- Rosita e Jacinto (2006)
- O don da dúbida (2005)
- Riazor Blues (2005)
- Esperando (2004)
- O barbeiro cego (2002)
- As palabras necesarias (2001)
- O momento oportuno (2000)
- Unha luz encendida (1999)
- Dereitos de autor (1999)
- Contar (1999)
- Décimo aniversario (1998)
- A orixe do problema (1998)
- A caixa negra (1998)
- Lorca, Santiago e seis poemas galegos (1998)
- Non quero nin pensalo (1996)
- Mátame uns cantos (1995)
- Nin en soños (1994)
- Atlántico express (1993)
- Cercanías (2) (1992)
- Ceíño lindo (1992)
- Cal dous estraños (1991)
- Little Galicia ()