Novas | 541 a 550 de 4109

<< Anterior Siguiente >>

12/05/2022
Publicacións, proxectos sonoros e propostas escénicas celebran a Florencio Delgado

Cando se achega o 17 de maio, intensifícanse as iniciativas para celebrar a Florencio Delgado Gurriarán, poeta homenaxeado nesta xeira do Día das Letras. Dentro das máis recentes, a Universidade de Santiago acaba de presentar Florencio Delgado Gurriarán. O soño dunha Galicia infinda, unha obra coordinada por Dolores Vilavedra que recolle seis traballos a facer "un percorrido pola biografía literaria, humana e sociolingüística do autor" e que incrementan as achegas de investigación sobre a súa figura.. Amplía a nova>>

11/05/2022
O Polo de Videoxogos ponse en marcha coa selección dos seus membros

Logo do anuncio o pasado día 5 da constitución do Polo de aceleración do sector dos videoxogos, este organismo comeza a súa actividade oficial. O Diario Oficial de Galicia deste 11 de maio publica a convocatoria por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais da selección das empresas e proxectos que farán parte desta entidade. As firmas participantes repartirán subvencións por valor de 290.000 euros para facilitar a súa participación nas actividades da mesma.. Amplía a nova>>

09/05/2022
Raul Domingues álzase co triunfo no XVIII Play-Doc

O Play-Doc, festival de documentais de Tui, fechou este 8 de maio a súa décima oitava edición coa entrega de galardóns. Terra que marca, do portugués Raul Domingues, foi escolleito como mellor longametraxe internacional, a recoñecer un filme "ecolóxica sensible e realizado con grande beleza", segundo destacou o xurado.. Amplía a nova>>

04/05/2022
O XIX Festival de Cans volta á primavera

Cun programa completo, a recuperar paseos en chimpíns, concertos, e de volta nas datas de primavera, o Festival de Cans presentaba este tres de maio a súa décimo novena edición. O encontro audiovisual do Porriño transcorrerá entre os vindeiros 17 e 21 de maio, cun programa que inclúe 40 actividades e 32 curtametraxes.. Amplía a nova>>

02/05/2022
Once festivais audiovisuais acadan subvencións da Agadic

A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia ven de facer pública a resolución de adxudicación da convocatoria de subvencións a festivais audiovisuais de 2022, pola que distribuirá 210.000 euros entre 11 certames de toda GaliciaRespecto á convocatorio anterior aumenta o orzamento desta liña de axudas (10.000 euros máis que en 2021) e repártese finalmente entre menos eventos, xa que o pasado ano foron catorce os beneficiados. O Play-Doc de Tui, que celebra a súa décimo oitava edición esta semana, do 4 ao 8 de maio conta cunha axuda de 38.473 euros a través desta liña de apoio.. Amplía a nova>>

28/04/2022
Son d'Aldea publica na rede os vídeos da súa última edición

A organización do encontro Son d'Aldea completou esta semana a publicación en Youtube dos vídeos que recollen a súa décima edición. Desde o pasado mes de xaneiro a entidade publicou as 14 pezas audiovisuais coas actuacións deste proxecto de teatro comunitario que se desenvolveu en setembro de 2021.. Amplía a nova>>

26/04/2022
O HUB Audiovisual abre a segunda convocatoria con fondos europeos para atraer rodaxes

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras da segunda quenda de axudas de para proxectos audiovisuais que leven á captación de rodaxes en territorio galego, encadrado no proxecto Hub audiovisual-industria cultural da Axencia Galega de Industrias Culturais vinculado á xestión dos fondos do programa REACT da Unión Europea. Esta nova convocatoria conta cun crédito total de 2.000.000 de euros, a dividir a partes iguais para as anualidades 2022 e 2023. As actuacións subvencionables con cargo a estas axudas estarán financiadas ao 100 % a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Poden ser beneficiarias empresas galegas co obxectivo de realizar proxectos xunto con produtoras, canles de televisión e plataformas de fóra de Galicia. As subvencionadas poderán exercer ben como coprodutoras destes traballos, cunha participación igual ou superior ao 20%, ben como provedoras de servizos de produción, sempre acreditando a realización dun gasto mínimo en Galicia fixado en 1 millón de euros para longas cinematográficas de ficción e animación e de 1,5 millóns de euros para as series de ficción. As subvencións concédense por concorrencia non competitiva e poden oscilar en máximos de entre 300.000 e 350.000 euros, tanto para longametraxes como para series, como xa foi o caso da primeira quenda. . Amplía a nova>>

25/04/2022
A Consellería de Cultura anuncia novos programas de apoio á industria

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, aproveitou o encontro que mantivo este sábado 23 de abril con representantes da industria musical para anunciar a vindeira convocatoria de liñas de axudas para diferentes ámbitos do sector cultural. A sumar un investimento total de 4,8 millóns de euros, as convocatorias anunciadas para as vindeiras semanas inclúen varias das subvencións anuais xa existentes ao tempo que engaden novidades.. Amplía a nova>>

22/04/2022
'Traballar coma un galego': un documental sobre a construción da paisaxe do Douro

A Radio Televisión Portuguesa (RTP) e a Televisión de Galicia (TVG) continúan na súa liña de coproducións co documental "Galegos D'Ouro", estreado a semana pasada e que hoxe está dispoñible de xeito completo no web da RTP. Dirixido por Arminda Sousa, o documental céntrase no gran número de traballadores galegos que contribuíron a construír a paisaxe do viño das ribeiras do Douro desde o século XVIII, incluíndo a construción dos socalcos, das adegas, das prantacións e das vendimas ata facer del o escenario que hoxe é Património Mundial da Humanidade. O documental inclúe entrevistas a diferentes expertos como Camilo Fernández Cortizo, José António Souto Cabo, Ramón Villares, Natália Fauvrelle ou Evaristo Rodríguez. . Amplía a nova>>

22/04/2022
Homenaxe a Xosé Velo coa estrea dun documental e presentación dun libro

A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Memoria Histórica, vai celebrar este sábado 23 de abril o 106 aniversario e render homenaxe a Xosé Velo. No acto estrearase o documental dirixido por Aser Álvarez para Arraianos Producións, 'Xosé Velo. O libertador ibérico' sobre a súa figura e tamén o libro ‘Xosé Velo. Textos escollidos’. Este volume baséase en documentos en diferentes formatos que a deputación de Pontevedra foi adquirindo produto da actividade política e cultural de Velo, que inclúen poemas, textos, artigos e outros materiais recuperados e adquiridos pola institución provincial. O salón de Plenos da Deputación de Pontevedra acollerá esta homenaxe e as presentacións, comezando ás 11.30 horas.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org