16/03/2022
'Films from Galicia' reúne 58 títulos para a promoción internacional
A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) ven de presentar hoxe a que é a nova edición do catálogo da produción audiovisual galega que se utilizará con fins promocionais e comerciais nos encontros e feiras internacionais. A nova entrega do 'Films from Galicia' recolle nas súas páxinas 58 títulos que ofrecen unha completa panorámica do momento do audiovisual galego. Os contidos inclúen as cintas máis recentes, algunhas pendentes de estrea en salas como 'Malencolía', Jacinto, 'La Parra' ou 'Código emperador' entre outras. A produción audiovisual galega dentro deste novo catálogo distribúese en 22 longametraxes, 19 documentais, 6 cintas de animación e 11 series, miniseries ou películas para TV. .
Amplía a nova>>
16/03/2022
Abre a terceira convocatoria de axudas O teu Xacobeo
O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria da nova xeira da liña de axudas O Teu Xacobeo, que promove a Xunta para apoiar proxectos nos ámbitos "artístico, gastronómico, de patrimonio, de pensamento e espiritualidade e deportivo". A convocatoria conta cun orzamento total, de 1,5 millóns de euros, que se reparten en 500.000 euros para empresas e o resto para entidade non lucrativas..
Amplía a nova>>
15/03/2022
Netflix engadirá a lingua galega a 70 títulos ao longo do ano
Durante os vindeiros meses a plataforma de entretemento Netflix incorporará unha selección de arredor de 70 títulos de películas e series nas tres linguas cooficiais do Estado, unha cifra que seguirá aumentando de forma constante no futuro, segundo aseguran desde a compañía. En total, esta selección representa unhas 600 horas de películas e series internacionais subtituladas e unhas 60 horas de contido para o público infantil e familiar dobradas en galego, catalán e éuscaro. Estas opción representarán a necesidade de producir un total dunhas 200 horas de subtítulos e unhas 20 horas de dobraxe en galego. .
Amplía a nova>>
14/03/2022
Xornada sobre filmotecas públicas no Consello da Cultura
Directores e restauradoras das filmotecas española e catalá participan hoxe na xornada "Filmotecas e patrimonio audiovisual" que organiza a Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG) en Santiago e que pode seguirse xa en liña ou recuperarse posteriormente para o seu visionado. A xornada pretende reflexionar sobre algunhas das cuestións susceptibles de mellora e chaves no universo das filmotecas sobre o papel real que des3empeñan estes organismos ou a súa propia definición no presente. Josetxo Cerdán, director da Filmoteca Española, Esteve Riambau, director da Filmoteca de Catalunya, son algúns dos participantes deste encontro coordinado polo xestor Sergio Lago e o historiador do cinema José Manuel Rey Sande, no que proxectarán e comentarán filmes históricos restaurados. .
Amplía a nova>>
11/03/2022
A canle de TV autonómica dispoñible non ten pretendentes
O concurso aberto pola Xunta de Galicia para outorgar unha licenza de emisión de televisión en aberto de ámbito autonómico ficou deserto. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que declara deserto o concurso público convocado en novembro do pasado ano. A licenza que estaba dispoñible era a que no seu momento tiña o Grupo Voz e á que renunciou tras o peche da súa canle V Televisión. Semella que ningunha empresa privada amosou interese por acceder a esta licenza tal e como está formulada nas bases do procedemento. .
Amplía a nova>>
10/03/2022
O Consello da Xunta aproba as bases de dúas liñas de subvencións culturais
O Consello da Xunta aprobou hoxe as bases e a próxima publicación d dúas liñas diferentes de apoio á cultura galega, unha para audiovisual e outra para a realización de festivais escénicos e musicais. As dúas son liñas de axuda recorrentes que xa existían en exercicios anteriores e os orzamentos a empregar son semellantes tamén aos das convocatorias previas. As bases aprobadas están pendentes xa de publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa entrada en vigor..
Amplía a nova>>
09/03/2022
A MICE amosa á vida nos países da antiga Unión Soviética a través de catro realizadoras
A sección Impropias da 17ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego, comisariada pola crítica e programadora búlgara, Mariana Hristova, fará un percorrido polas antigas terras soviéticas que, actualmente en contextos e fronteiras diferentes, aínda están conectadas, como vemos estes dias, por un pasado común que definiu a vida social, laboral e persoal dos seus habitantes. A través das miradas de catro cineastas, dúas delas rusas, unha ucraína e outra xeorxiana, a programación levará ao público a recantos pouco coñecidos do que no seu día foi a Unión Soviética, co foco posto na multiculturalidade do territorio, a vidá cotián despois da desintegración, así como tamén as perspectivas políticas e sociais que están agora mesmo no centro das miradas. As películas que se proxectarán dentro de IMPROPIAS son: 'Transnistra', da cineasta sueca Ana Eborn, 'Sunny/Mziuri' da directora xeorxiana Keti Machavariani, 'Vacacións', da directora rusa Maria Razbezhkina, 'The Hope Factory' , da tamén creadora rusa Natalia Meshchaninova, e 'Heat Singers', da ucraína Nadia Parfam..
Amplía a nova>>
08/03/2022
Pontevedra avanza na creación dunha Film Comission provincial
A decidida aposta pola captación de rodaxes para a provincia de Pontevedra está a impulsar a "velocidade de cruceiro" a creación do servizo Pontevedra Provincia Film Commission. As áreas de Turismo, Cultura e o SAIM (Servizo de Asistencia Intermunicipal) da Deputación Provincial de Pontevedra serán as implicadas no desenvolvemento deste servizo provincial que onte acadou novo impulso nun encontro entre a presidenta do ente provincial, Carmela Silva, co presidente e a directora xeral da Spain Film Commission, Carlos Rosado e Teresa Azcona. A Film Commission da provincia será interlocutora directa da rede estatal que xestiona o Hub Audiovisual en España, unha relación da que esta reunión plantou as bases de funcionamento. Existe a previsión da creación dunha Galicia Film Comission dentro das liñas mestras do Hub Audiovisual da Industria Cultural creado pola administración autonómica, pero ese órgano aínda non se presentou como tal a pesares de existir xa liñas de apoio económico para a captación de rodaxes..
Amplía a nova>>
07/03/2022
Premios por valor engadido para as producións audiovisuais dos Mestre Mateo
O tradicional encontro de finalistas dos Premios Mestre Mateo organizado pola Academia Galega do Audiovisual tivo este ano como novidade a entrega dunha serie de premios patrocinados a algúns dos finalistas. O Nordés Club Empresarial da Coruña acolleu este encontro ao que acoden os profesionais finalistas da presente edición dos premios. Nesta ocasión, como novidade, durante o acto entregáronse tres galardóns patrocinados que recoñecen algunhas virtudes intanxibles do audiovisual que non corresponden necesariamente coas cuestións técnicas e artísticas que se premian nos Mestre Mateo. Galicia Calidade, ABANCA e Deleite, foron os patrocinadores que deron soporte e denominación a cada un destes recoñecementos que premian diferentes valores engadidos dos proxectos..
Amplía a nova>>
07/03/2022
'9 Fugas' de Fon Cortizo mellor película e mellor dirección en Caracas
O audiovisual galego feito na nosa lingua está a traer boas novas desde a outra beira do Atlántico. No Festival Internacional de Cine Iberoamericano de Caracas o filme '9 Fugas' (2020) de Fon Cortizo acada tres importantes premios e o documental 'A Virxe Roxa'(2021) de Marcos Nine tamén consegue levar o galardón do seu xénero. León de Ouro ao Mellor filme do certame, Mellor longametraxe iberoamericana e Mellor dirección son os galardóns cos que a película de Fon Cortizo sae desta cita venezolana. '9 Fugas', gravada en galego, parte da banda sonora creada por una orquestra de improvisación dirixida da que xurdiron a historia e as imaxes. O filme estrutúrase en 9 capítulos que son vasos comunicantes a través de que flúe un relato. Nestes capítulos temas como a memoria, o tempo e a opresión van entrelazándose compoñendo un relato que busca enganchar nunha tea de araña de historias. En 9 fugas Cortizo conta no reparto con Areta Bolado, Ailén Kendelman, Olga Cameselle, María Roja, Lola Quirós, Alfredo Rodríguez, Noelia Castro e Marta Pérez..
Amplía a nova>>