29/10/2025
A Consellería de Cultura fai do incremento en fondos para normalización a bandeira dos orzamentos
Un total de 150 millóns de euros compoñen o orzamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para 2026. Así o recolleu na mañá deste 29 de outubro o responsable deste departamento José López Campos, na súa comparecencia ante a Comisión Terceira, de Economía, Facenda e Orzamentos, do Parlamento de Galicia. Como medida estrela para o vindeiro exercicio, López apuntou o incremento dun millón de euros destinado a campañas para a normalización da lingua. .
Amplía a nova>>
28/10/2025
Reabren como equipamento público os Multicines de Nigrán
Sen cambiar os carteis do flime ‘La isla mínima’ que levan decorando a súa entrada durante os once anos que pasaron pechados, os Multicines do Centro Comercila de A Ramallosa en Nigrán volverán abrir as súas portas este xoves, reconvertidos en espazo público tras da compra do inmoble por parte do Concello. Unha proxección desa última película da súa anterior etapa por parte do Cince Clube Val Miñor, inaugurará os novos usos do espazo. .
Amplía a nova>>
28/10/2025
A Fundación Carlos Velo outorgoulle a Méndez Ferrín o seu premio anual
A sede da Fundación Carlos Velo, en Cartelle, acollía este 25 de outubro o acto polo que a entidade recoñecía a Xosé Luís Méndez Ferrín como Veliano de Honra. O escritor ourensán foi escolleito para o galardón anual da entidade en recoñecemento ao seu labor para preservar a memoria de Velo e recibiu unha escultura de Acisclo Manzano e un diploma acreditativo..
Amplía a nova>>
27/10/2025
O festival Animacción achega as súas curtametraxes á Coruña e Vigo
A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña abre este 27 de outubro o programa do IX Festival Animacción. O encontro centrado en curtametraxes animados desenvólvese ata o vindeiro 1 de novembro a repartir o seu programa entre Vigo e A Coruña con 12 filmes na sección oficial..
Amplía a nova>>
27/10/2025
Anxos Fazáns estrea 'As liñas descontinuas' en Estonia
O vindeiro 14 de novembro, na capital de Estonia, no marco do 29 Tallinn Black Nights Festival (PÖFF) terá lugar a estrea mundial do filme 'As liñas descontinuas' (VOG) da realizadora Anxo Fazáns (Pontevedra, 1992). Esta segunda longametraxe da directora de 'A Estación Violenta' (2017), participará da sección oficial deste certame internacional ofrecendo a súa primeira proxección alí para uns días despois ter a estrea estatal dentro da sección oficial do Festival Internacional de Cine de Xixón. 'As liñas descontinuas' é unha produción de Sétima (Silvia Fuentes, Anxos Fazáns) e Sideral (Nuria Landete, Roberto Butragueño). Conta co apoio do ICAA, AGADIC, CSAG, HBO e as Deputacións provinciais de Pontevedra e A Coruña. .
Amplía a nova>>
24/10/2025
'Decorado' estréase hoxe en 27 salas comerciais
'Decorado', a nova película do premiado ilustrador e realizador Alberto Vázquez, que conta con catro premios Goya na súa traxectoria, chega hoxe ás salas de cine comerciais de toda España. En total serán 27 as pantallas que acollerán a estrea esta fin de semana en distintos puntos xeografía estatal. En Galicia dúas salas programan hoxe xa a longametraxe: os Multicines Norte, de Vigo e Odeon Narón. Este filme, baseado na curtametraxe homónima de 2016 de Vázquez que lle valeu un dos seu premios Goya, combina animación para adultos, comedia negra e drama fantástico. Tras o seu paso polo Fantastic Fest de Austin (Texas, EE.UU.), onde acadou unha Mención Especial do Xurado dentro da Sección Oficial agora chega ás salas comerciais..
Amplía a nova>>
24/10/2025
Adrián Canoura, Xurxo González e Valeria Gómez gañan os Premios Maria Luz Morales
Os Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual convocados pola Academia Galega do Audiovisual co apoio das catro deputacións provinciais ten xa gañadores. Un videoensaio e dous ensaios escritos acadaron o apoio do xurado desta novena edición, que deixou deserta a categoría de videoensaio sobre audiovisual galego e destacou dous accésits. O traballo gañador en cada unha delas recibe un trofeo conmemorativo e 1.200 euros. O xurado desta novena edición estaba formado pola programadora de artes visuais e plásticas Andrea Franco, a directora, montadora e investigadora Ariadna Cordal e o programador Julio Vilariño. Na categoría de Mellor ensaio escrito sobre o audiovisual galego, o premio foi para 'Bowery New York: unha alfaia do cinema galego', de Xurxo González. O xurado valorou a orixinalidade do tema, a investigación sobre unha cineasta que podería ser a primeira de Galicia e a aposta por saírse do canon establecido, reivindicando o cinema amador desde unha perspectiva feminina..
Amplía a nova>>
23/10/2025
Chega ás salas a longametraxe 'San Simón'
A Sala NÚMAX acolle hoxe a estrea comercial do filme 'San Simón', opera prima de Miguel Ángel Delgado sobre o campo de concentración franquista da Ría de Vigo. Tras dunha preestrea onte nos Cines Tamberlick de Vigo e presentarse no Festival de San Sebastián e gañar o premio a mellor película galega no Festival de Ourense, chega a salas este filme sobre un episodio histórico real na nosa terra. Este pase inicial dará inicio ás 19:00h e nel contarase con presentación e coloquio a cargo do seu director. A partir deste venres, o filme poderá verse nos Cines Cantones (A Coruña), Central (A Estrada), Teatro Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras), Avenida (Caldas), Xunqueira (Cee), Duplex (Ferrol), Codex, Cristal e Yelmo (Lugo), Círculo de Bellas Artes (Madrid), Hollywood (Monforte), Odeón (Narón), Seixo (Marín), Ponte Vella (Ourense), Cinexpo (Pontevedra), Numax (Santiago de Compostela), Valladolid (Broadway), Multicines Norte, Tamberlick e Yelmo (Vigo) e Multicines Gran Arousa (Vilagarcía de Arousa).
.
Amplía a nova>>
22/10/2025
O Curtas Festival do Imaxinario celebra o Samaín coa súa 53ª edición
Colocada estratexicamente no Samaín, a 53ª edición do Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa desenvolverá, do 24 de outubro ao 2 de novembro, unha ampla programación con máis de 100 filmes de 36 países en formato curtametraxe e tamén longas, 17 delas estreas mundiais e 29 en España, e poñendo ademais o foco no talento galego. O encontro arrancará este venres coa apertura da exposición Monstrorama ás 20,00 h. no Salón García. Ás 20,30 h. no mesmo espazo está programada a estrea mundial da curtametraxe 'Cosa Mala', do realizador galego Gero Costas, unha peza sobre un artista que recibe un misterioso encargo coa promesa de abrirlle novas portas.
.
Amplía a nova>>
21/10/2025
'Mareas Vivas' fai de Laxe Lugar de Interese Cinematográfico
Laxe, a vila mariñeira situada no corazón da Costa da Morte, ven de incorporarse a lista de Lugares de Interese Cinematográfico (LIC) da península ibérica. O recente IXº Encontro de Academias de Cine e Audiovisual da Península, celebrado en Ourense presentou oito novos LIC, unha iniciativa conxunta das academias participantes que recoñece espazos singulares polo seu valor patrimonial, histórico e simbólico no audiovisual. A proposta da Academia Galega do Audiovisual a vila de Laxe ven de engadirse a este listado ao ter sido o escenario principal da histórica serie Mareas Vivas, un dos maiores fenómenos televisivos en Galicia nos anos 2000. As súas rúas, o porto, a praia e a vida cotiá da súa xente convertéronse nun plató recoñecible e entrañable que conectou a realidade da costa coa ficción, deixando unha pegada fonda na memoria colectiva. O alcalde de Laxe, Francisco Charlín, acudiu a Ourense para recoller a placa de distinción como LIC Galicia 2025. Laxe únese a unha lista na que en Galicia figuran tamén a vila de Allariz, pola rodaxe de 'A lingua das bolboretas' e a aldea de Facós, en Ourense, pola gravación en 1940 de 'O carro e o home'.
Amplía a nova>>