Atalaia

Pinocho
1999. Fotografía
Medidas: Copias pequenas: 36x24 cm. / Copia grande: 119x170 cm.

Andrés Pinal. Pinocho. 1999.

Fotografías b/n en papel baritado, cinta adhesiva, tinta e cartolina. 36x24 cm. Copia grande: 119x170 cm.

 

Que foi de Pinocho?

Eu penso que alguén o sabe, que me podería responder. Sempre existe alguén no mundo que sabe qué foi del. E nin por un segundo deixa de aparecer alguén que lle dé o relevo a esoutro alguén. Alguén que ten por oficio ser o penúltimo. Pero que quizais non sexan conscientes de que son capaces de responder a esta pregunta, pois nunca pensaron nela.

Se cadra, atopalo dependa de redactar un anuncio e publicalo nun xornal.

"Desexaría (contactar) recibir información sobre a vida de Pinocho unha vez rematado o conto."

Paréceme unha cuestión importante, polo que aproveito estas liñas do catálogo para chamar a atención sobre o tema e que pense que ao mellor vostede podería responder á miña primeira pregunta. Pero o triste é que ninguén lles dirá (poderá dicir) se teñen razón, pois ninguén máis o sabe.

[-Sexa bo, comparta segredos]

Texto: Andrés Pinal, no catálogo da exposición Novos camiñantes. Pazo da Cultura de Pontevedra, xuño-xullo 1999.