Atalaia

Vítor Mejuto. Bailando con Josef Albers. 2010. Acrílico sobre lenzo, 146 x 146 cm
> Vítor Mejuto. El camino de vuelta
Datas: 12/11/2010 - 11/01/2011

Artistas

Vítor Mejuto

Descrición

A miña obra pódese enmarcar dentro da tradición do que se deu en chamar abstracción xeométrica, disciplina cuxa xénese podemos atopar no construtivismo ruso -que producíu o suprematismo-, a Bauhaus alemana e o movemento do neoplasticismo holandés De Stijl, e que máis tarde foi asumida por algúns informalistas da escola de Nova York como Frank Stella ou Keneth Noland.

Algunhas destas propostas derivaron no Minimal, e outras, como no caso de Peter Halley, revisitan a obra dos grandes mestres para asinar o termo Neo Geo, que non é outra cousa que valerse do espazo e das súas propiedades, da cor e do seu comportamento,  para falar máis de pintura e menos de emocións. Aínda que isto último é moi discutible.

Estou a buscar o camiño de volta a un certo minimalismo, onde un día fun feliz. O agora abigarrado mundo de formas (e familias de formas) no que vivo, escora o meu traballo cara o barroco. Pero como nos ensinan sabiamente os clásicos: o importante é o camiño. Isto quere dicir que, en realidade, non teño presa por chegar a ningunha parte. E cada forma nova conta e anuncia a seguinte.

Fonte:  Vítor Mejuto / Galería Atlántica, Centro de Arte