Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Cidades de GTB é o resultado do reto que lle propuxemos a Vari Caramés (Ferrol, 1953). Viaxar ás cidades nas que viviu o escritor Gonzalo Torrente Ballester e fotografar a súa memoria.
Seleccionamos 80 fotografías, mesturando as evocacións (lugares e recantos queridos por GTB, imaxes que fan referencia aos seus escritos) con esa especie de encontro entre o bodegón e a paisaxe que compón o mundo das fotografías de Vari Caramés.
Para a ocasión, editóuse un libro, cunha tirada de 500 exemplares, dos cales os 50 primeiros están acompañados por unha fotografía de Vari Caramés.
Fonte: Fundación Gonzalo Torrente Ballester