Atalaia

Álvaro Negro, Música, 2005-2011, videoinstalación realizada para Un disparo de advertencia
> Un disparo de advertencia. Lalín
Datas: 02/09/2011 - 04/09/2011

Comisariado

Ángel Calvo Ulloa

Descrición

Un disparo de advertencia. 2, 3 e 4 de setembro de 2011. Lalín. Trátase dun proxecto de iniciativa privada -comisariado por Ángel Calvo, e financiado polas ventas de edicións limitadas dos artistas participantes-, co que se desenvolven prácticas puntuais de intervención no espazo público no centro urbano de Lalín.

Seis artistas (Misha Bies Golas, Miren Doiz, Amaya González Reyes, Carlos Maciá, Álvaro Negro e Jorge Perianes), desenvolven diferentes instalacións en espazos públicos durante a noite do venres 2, de xeito que o público asiste en directo á execución destas obras como seis accións, como seis balas dun revólver que impactan nos seis puntos elixidos. Así mesmo, estas seis accións contan cunha misiva extra, a intervención de Alain Urrutia, cunha obra enviada desde Beijing nos días previos e que queda instalada na fachada dun cine pechado.

Durante o sábado 3, teñen lugar visitas ás obras, faladoiros no local Barriga Verde, coa participación de David Barro como invitado, e a proxección nunha calexa do filme de Jean Vigo, A propósito de Niza (1930), coa interpretación en directo, a cargo do acordeonista Carlos Quintá, da banda sonora orixinal composta por Marc Perrone.

Fonte: Atalaia / Un disparo de advertencia