Atalaia

Tobias Lehner, Sen título, 2010. Pintura, técnica mixta, 170 x 400 cm
> Tobias Lehner. Friktion
Datas: 09/06/2011 - 22/07/2011

Artistas

Tobias Lehner

Descrición

Primeira exposición en España do artista alemán Tobias Lehner, (Regensburg, 1974). Formado na escola de pintura de Leipzig, cidade onde reside, o artista abandonou a figuración e optou por seguir un vieiro abstracto. Lenzos de grandes formatos, xeometrías creadas directamente nas teas, profundidade e velocidade, son algunhas das características inherentes a súa obra. Quizais a súa nenez pasada arredor do mundo da música convertéuno nunha persoa máis conectada ao mundo dos sentidos e intuicións, e por iso non precise da figuración.

 O mundo é abstracto e desafiante dunha planificación; non importan as liñeas rectas que debuxemos pola terra fóra, esas liñas son humanas e durarán o tempo que teñan que durar, xa que en calquera momento un volcán ou terremoto as volven facer onduladas e a-xeométricas ao ollo. Daí procede o título, Friktion, desta mostra na Galería SCQ. A fricción que dúas placas tectónicas exercen unha sobre a outra provocando un terremoto. Noticias que chegan ao ouvido do artista mentras pinta no seu estudio, procurando transmitir a cada unha das súas teas esas sensacións de velocidade e fricción que el mesmo sente ao escoitar o que ocorre polo mundo. O Microcosmos/Macrocosmos está presente na pintura de Tobias Lehner. Aínda máis, ista dicotomía É a pintura de Tobias Lehner. E resulta imposíbel separala do resto do mundo, porque todo o que ocorre deixa a súa pegada en cada un dos seus lenzos. Capas de pintura que vai aplicando e destruíndo, facendo todo un proceso de creación e destrución ata presentar un resultado final que obliga ao espectador a precisar dun tempo para observar e descubrir os detalles que deixou semiocultos e que, sen embargo, compoñen a obra que temos diante dos nosos ollos.

O traballo de Tobias Lehner é un enorme traballo de continuidade, no que non existen series; toda a súa obra é unha xigantesca serie que está en transformación constante, un traballo delicado e espectacular dentro do mundo da arte contemporánea actual.

Fonte: Galería SCQ