Atalaia

Teo Soriano. Sen título. 2011. Óleo e cera sobre liño. 41 x 33 cm
> Teo Soriano. Codo manchado de azul turquesa
Datas: 18/11/2011 - 16/01/2012

Artistas

Teo Soriano

Comisariado

Asunta Rodríguez

Descrición

Codo manchado de azul turquesa é un percorrido en forma de paseo circular polo traballo de Teo Soriano (Mérida, 1963), realizado ao longo dos últimos cinco anos. Concibida e executada como unha peza coral na que cada obra supón parte dunha partitura integral, a exposición entona unha melodía de brillante cor e poética esencial. Desde un planteamento netamente retiniano, o artista combina materiais e texturas, dálles voz, organiza e interpreta, pon forma ás súas variadas temperaturas. Codo manchado de azul turquesa é unha exposición de pintura que reclama o seu estatus de obxecto para ser contemplado. Pintura reflexiva, mais tamén intuitiva, respectuosa coa tradición e, ademais, radicalmente moderna.

Teo Soriano, nado en Mérida en 1963 e afincado na Coruña, estudou Belas Artes en Salamanca e Pontevedra, e expón habitualmente na Galería Trinta, de Santiago de Compostela, cuxa directora, Asunta Rodríguez é a comisaria desta exposición. Pertence a unha xeración de artistas na que poucos dedicaron as súas carreiras ao exercicio da pintura. De xenealoxía abstracta, defendeu desde unha posición máis ben marxinal, unha linguaxe dotada de elocuencia nos tonos, matices e accidentes.

Fonte: Kiosco Alfonso / Galería Trinta