Atalaia

Vista exposición Quadratura de Daniel Canogar no MAC
> Taller Pablo Ruiz Picasso. Daniel Canogar
Datas: 25/06/2013 - 29/06/2013

Artistas

Daniel Canogar

Descrición

 

Gas Natural Fenosa convoca a décimo novena edición do Taller Pablo Ruiz Picasso que nesta ocasión impartirá o Daniel Canogar. Durante o obradoiro, os creadores realizarán varios proxectos-bosquexo que desencadeará nun proxecto final a presentar o último día do taller. Estas obras finais serán froito tanto do traballo individual e en privado de cada participante como da retroacción recibida de Daniel Canogar e o resto dos compañeiros. 

Daniel Canogar (Madrid, 1964) recibiu un máster con especialización en fotografía na New York University e o International Center for Photography en 1990. Como artista visual traballa con fotografía, video, escultura e instalación. 

Entre os seus últimos proxectos, destacan a proxección de Asalto New York sobre a fachada dunha fábrica abandonada en Brooklyn; a exposición individual Quadratura no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC), a exposición Latexos no Espazo Fundación Telefónica de Bos Aires, a exposición Vórtices realizada para a Fundación Canal de Isabel II de Madrid e a instalación Synaptic Passage para a exposición Brain: The Inside Story no American Museum of Natural History de Nova York. Realizou diversos traballos en espazos públicos, entre eles Waves, unha pantalla flexible creada con LEDs, instalado permanentemente no adro do 2 Houston Center en Houston; Travesías, realizada para o adro do Consello da Unión Europea en Bruxelas con motivo da presidencia española da Unión Europea; Constelacións, o mosaico fotográfico máis grande de Europa creado para dúas pontes peonís que cruzan o río Manzanares no Parque MRio en Madrid; Nodi, dous murais fotográficos na estación de tren de Arensa en Nápoles; Clandestinos, vídeo proxección sobre monumentos emblemáticos, presentado sobre os Arcos de Lapa de Rio de Janeiro, a Porta de Alcalá de Madrid e a igrexa de San Pietro in Montorio en Roma. 

Fonte: MAC

Daniel Canogar