Atalaia

A fotógrafa Sue Rainbow e catro panorámicas da mostra MusiCalidades no ÁGORA, A Coruña, 2012.
> Sue Rainbow. MusiCalidades
Datas: 14/09/2012 - 13/10/2012

Artistas

Sue Rainbow

Descrición

Listado completo de bandas, solistas e artistas retratados en MusiCalidades: Roi Casal  / Jacobo Paz & Dos Mundos / Cardigan Bridge / Mónica de Nut / Yul / Zaro Arte en Tinta / Embora / Carlos Bau / La Sombra / Bristol / The Gone & Lost / Linda Guilala / When Nalda / Liviao do Marrao / Nostatic / Sabdios / Baldosa Amarilla / Uxío Mayo y su Banda Fetichista / Habitación 316 / Javier Prado-Moondogs Blues Party / Los 22 / Plus Lottus / The Cornelius.

O 30 de xuño de 2012 o compostelán Hotel NH Obradoiro acolleu unha iniciativa singular: a fotógrafa Sue Rainbow, acompañada de Paco Gallego na dirección artística, conseguiu reunir a un bo número de músicos e intérpretes galegos de todo tipo, orixe e condición: pop, rock, jazz, blues, metal, alternativa... todo tipo de estilos e bandas que interpretan a súa música en diferentes idiomas. Daquela, a dirección do hotel puxo a disposición dos responsables do proxecto MusiCalidades tres habitacións dobres e unha suite Premium, todas situadas na primeira planta. Se visen o que sucedía dentro de cada unha delas, quen sabe se se tería levado adiante esta iniciativa.

Os músicos adoitan ocultarse en escena detrás da súa interpretación. Nesta curiosa iniciativa, vemos ao artista desposuído de parte -só de parte- da súa condición musical para exteriorizarnos de forma humorística ou colorista a súa forma de ser e entender a música.

As imaxes, unhas 63 en total, constitúen a mostra fotográfica que ocupa parte dos espazos expositivos do ÁGORA, contando ademais con outras actividades musicais e sociais que converten esta proposta en todo un fenómeno vivo, proactivo e interactivo.

LINK: Making of dalgunhas das sesións fotográficas de MusiCalidades

Fonte: ÁGORA / Axitpop (Paco Gallego)